Menu Xerais

Presentación de “Quen matou o Cantino?” de Xerardo Agrafoxo en Noia

O venres, 27 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, Corredoira Luís Cadarso de Noia, terá lugar a presentación do libro Quen matou o Cantino? O 36 no Concello de Noia de Xerardo Agrafoxo.

O acto, no que tamén se presentará o número 87 do suplemento cultural A Voz de Barbantia,  está organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Concello de Noia e Xerais.

Participan Xesús Laíño (presidente de Barbantia), Manuel Bragado (director de Xerais), Pedro García Vidal (doutor en xeografía) e Xerardo Agrafoxo (escritor e autor do libro).

Deixa un comentario!