Menu Xerais

Presentación en Vigo de “Un rato díxolle á lúa” de Antonio García Teijeiro

O martes, 28 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro.

No acto participarán Román Raña, Fran Alonso (antólogo), Xosé Cobas (ilustrador), Manuel Bragado e o autor e contará coa actuación musical de Paco Ibáñez que musicou varios poemas incluídos no CD que acompaña o libro.

Deixa un comentario!