Menu Xerais

Samuel Solleiro: «A postmodernidade remata; hai que asumila como unha época pola que se pasou». Entrevista de Óscar Iglesias

Protexta publicou unha entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, Gran tiburón branco, encabezada polo titular «Todo o que ten que ver co Partido Popular é violento». Na entrevista, feita por Ócar Iglesias, Samuel Solleiro fala de literatura, de política e, moi especialmente da súa obra literaria.

O seu último libro, Gran tiburón branco, está composto por cinco relatos de personaxes que, en palabras do seu entrevistador «non queren caer ben». Na actualidade, Samuel Solleiro é profesor na cidade francesa de Le Mans. Samuel Solleiro afirma na entrevista que non quere ser un escritor posmoderno: «A postmodernidade remata; e debería rematar, hai que asumila como unha época pola que se pasou».

A entrevista completa pode lerse ou descargarse en pdf.

 

 

 

Deixa un comentario!