Menu Xerais

Un guión trepidante: «Flor de area», de M. Lourenzo González. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Flor de area, de M. Lourenzo González.

 

Guión trepidante

Maneiras hollywoodenses

Flor de area, a continuación de Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González que acadara o Premio Merlín no ano 2003, é unha novela iniciática en forma de crónica dunha guerra protagonizada por unha moza iraquí Amrah, que loita por saír dunha vida na que amuller non ten dereito a elixir.

Amrah está obrigada a casar cun home que non ama, a partir dese compromiso e da expulsión da casa da súa nai non deixa de vivir situacións que, se non fose pola correspondencia dalgunhas coa realidade, poderiamos chamar aventuras. E é que por momentos, a sucesión de tópicos, fai que se convirta nunha sorte de novela que ben podería ser levada ao cine pola grande empresa hollywoodense pois un bo número de acontecementos semellan irreais e inverosímiles. Non estrañan o compromiso da moza coas súas ideas e a convicción con que as defende. Mais si o cambio de actitude de seu pai, o comportamento dalgúns personaxes e, sobre todo, o final: conferencia de Obama, con atentado islamista preparado, onde Amrah, destinada a morrer aí, é salvada polo seu pai e descobre que a súa vida, despois de todo o que sufrira, volve ter sentido. Semella un guión trepidante.

Realmente é unha historia extensa que dá unha lectura agradable, interesante, iso si, se a entendemos como unha especie de crónica ficticia que non quere ser real.

Paula Fernández

Deixa un comentario!