Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
A escritora Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión crítica sobre a novela Orlando pendurado, de Goretti Fariña, Premio Cidade Centenaria.
A biografía do Orlando namorado, furioso e pendurado
Goretti Fariña, na novela Orlando pendurado, debulla a historia de Orlando, un ex-seminarista que traballa no naval. No estaleiro, un día, ten un acidente e queda pendurado dun arnés a nove metros de altura.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Entrevistas, Extramuros, Monografías
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a Ángel Cardín sobre o libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica, publicado na colección Extramuros.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Blogs, Narrativa, Premios_Xerais, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013.
«Cadeas» ou a novela como límite
Na presentación pontevedresa de Cadeas da man do Ateneo, tanto Xesús Constela como Ramón Rozas e Xabier López López insistiron na idea da novela como límite.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros
Armando Requeixo publicou no seu blog unha recesión crítica sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.
A música do Pindo
O raposo Pindo évos un golpe soñador e hipnótico que a ren lle teme. Non hai galiña que se lle resista e o can máis fero non é rival para el. As súas (ren)artes con todo poden e na ampla contorna da Fin da Terra é sonada a súa habelencia.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo
Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha anotación sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.
“PENÚLTIMAS TENDENCIAS”, ÚLTIMO POEMARIO de CARLOS NEGRO: UNHA RAPAZA NA BUSCA DA VOZ DE SEU
Non teño dúbidas de que Carlos Negroé un dos poetas máis interesantes e inquedos do noso panorama poético.
Carlos non se resigna endexamais a facer obras previsibles.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Biblioteca Dramática Galega, Críticas
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre O refugallo, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, editado en colaboración con AGADIC.
Teatro e xogo
Paula Carballeira propón nesta obra teatral para os cativos e cativas unha representación, mais tamén un modelo de xogo infantil baseado na imaxinación e non na tecnoloxía.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Entrevistas, Estudos literarios, Monografías, Poesía
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní a Fernando Pereira Bueno sobre o seu libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Blogs, Críticas, Poesía
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado.
Dos tempos sombrizos
O último poemario publicado por Xerais de Daniel Salgado é Dos tempos sombrizos, I Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Poemas que conforman un diario, poemas que falan da sociedade, de compromiso, de liberdade, de xustiza. Por riba, ou en derredor, a música.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa, Presentacións
Publicamos o texto do que leu Francisco Rodríguez Coloma, profesor de literatura galega no IES Francisco Aguiar de Betanzos, na presentación de Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, que tivo lugar na libraría Biblios da mesma localidade.
Boa tarde, amigos.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2014 nas categorías Estudos literarios, Monografías, Reportaxes
Atlántico Diario publicou unha reportaxe de Ana Baena arredor do libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno, que tamén se pode descargar en pdf.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2014 nas categorías Críticas, Poesía
Román Raña publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado.
Setenzas visionarias
Con depurada e incisiva voz
Podo afirmar, sen ningún medo a equivocarme, que Dos tempos sombrizos é o máis maduro libro que compuxo Daniel Salgado (Monterroso,1981).
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2014 nas categorías Críticas
Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.
Ler máis →