Publicado o 25 Xullo, 2014 nas categorías Audios, Entrevistas, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a Xurxo Souto sobre Contos do mar de Irlanda.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O portal Galicia Enteira publica unha entrevista co escritor Suso de Toro, que retorna á escrita publicando no mes de outubro publicará en Xerais Somnámbulos.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Bueu do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
Os «Contos do mar de Irlanda» en Bueu
Cheo histórico no salón de actos do Museo Massó de Bueu para asistir á presentación de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto organizada pola libraría Miranda.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Alfredo Conde sobre a súa nova novela Chovida do ceo na libraría Cronopios de Pontevedra.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Entrevistas, Narrativa
Tempo de lecer Ourense publicou unha entrevista con Pemón Bouzas sobre a súa novela A voz do vento.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Críticas, Poesía
Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión crítica sobre o poemario dun lago escuro, de Marta Dacosta.
dun lago escuro, de Marta Dacosta
Resulta afortunada, ao meu ver, a simboloxía que escolle Marta Dacosta para abrir este libro de poemas titulado dun lago escuro e que foi galardoado na convocatoria do Premio Johán Carballeira no ano 2013.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
Do 27 ao 30 de agosto, terá lugar a Feira do libro de Foz na que Xerais ten organizados os seguintes actos:
Día 28 de agosto, xoves
20:30 horas: Presentación do libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira.
Día 29 de agosto, venres
20:00 horas: Presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
Do 21 ao 24 de agosto, terá lugar a Feira do Libro de Monforte na que Xerais ten organizados os seguintes actos:
Día 21 de agosto, xoves
20:00 horas: Presentación do libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira.
Día 23 de agosto, sábado
20:00 horas: Presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
Do 14 ao 17 de agosto terá lugar a Feira do Libro de Viveiro na que Xerais ten organizados os seguintes actos:
Día 14 de agosto, xoves
19:30 horas: Pregón de Xurxo Souto
20:00 horas: Presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
Día 16 de agosto, sábado
20:00 horas: Presentación do libroA voz do vento de Pemón Bouzas.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado, 16 de agosto, ás 12:00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu, terá lugar a presentación da novela Chovida do ceo de Alfredo Conde.
No acto, organizado pola librería Miranda de Bueu, participarán o xornalista Salvador Rodríguez e Alfredo Conde.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 13 de agosto, en colaboración coa Librería Nós de Sanxenxo, terá lugar a presentación da novela de Pemón Bouzas, A voz do vento.
O acto terá lugar, ás 20:00 horas no Hotel Justo de Sanxenxo.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 30 de xullo, ás 20:30 horas, no Museo do Mar, rúa Malecón de Cadarso, s/nº de Noia, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.
No acto acompañará ao autor, o profesor da Universidade de Cork e director do Irish Centre for Galician Studies, Martín Veiga.
Ler máis →