Un xogo moi orixinal: «Liña azul», de David Pobra». Crítica de Armando Requeixo
Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre a novela Liña azul, de David Pobra.
Publicado o 30 Setembro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa, Radio
Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre a novela Liña azul, de David Pobra.
Publicado o 30 Setembro, 2014 nas categorías Infantil, Megatoxos, Novidades, Xuvenil
Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña, é unha novidade de literatura infantil e xuvenil para este outono. Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador. Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado.
Publicado o 30 Setembro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
Montse Pena Presas publicou nas páxinas da revista Grial unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.
Publicado o 30 Setembro, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 8 de outubro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 na Coruña, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto participarán Manuel Rivas, Felipe Senén e Xurxo Souto.
Publicado o 29 Setembro, 2014 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Xabier Quiroga sobre a súa novela Zapatillas rotas.
Publicado o 29 Setembro, 2014 nas categorías Audios, Críticas, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o poemario Kid Salvaxe, de Carlos Reigosa.
Publicado o 29 Setembro, 2014 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista a Ramón Vilar Landeira sobre o seu libro de relatos Os televisores estrábicos.
Publicado o 29 Setembro, 2014 nas categorías Cómic, Infantil, Novidades
Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!, escrita e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano é unha novidade para este outono e constitúe a terceira entrega dunha serie de cómic para os primeiros lectores Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca.
Publicado o 29 Setembro, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 9 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Arenas, Cantón Pequeno, 25, A Coruña, terá lugar a presentación de O violín de Rembrandt de Jorge Llorca, Premio Blanco Amor, 2013. No acto participarán Xabier P. DoCampo, Manuel Bragado e Jorge Llorca.
Publicado o 26 Setembro, 2014 nas categorías Infantil, Novidades, Sopa de Libros
Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey, ilustrado por Laura Súa Campo, é unha novidade de Sopa de Libros para este outono.
Publicado o 26 Setembro, 2014 nas categorías Descargas, Monografías, Música
Poñemos a disposición dos lectores e lectoras o primeiro capítulo do libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez Álvarez, que se poñerá a venda a partir do vindeiro 20 de outubro, publicado na colección Extramuros de Xerais. O capítulo pode lerse ou descargarse neste enlace.
Publicado o 26 Setembro, 2014 nas categorías Entrevistas, Narrativa
A edición do Deza de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Rocío Ramos a Xabier Quiroga sobre a súa novela Zapatillas rotas. A entrevista pode lerse ou descargarse neste enlace.