Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2014

«Dende o conflito», de María Reimóndez e «Somnámbulos», de Suso de Toro, no ranquing da Tabela dos libros do mes de outubro

Dende o conflito, de María Reimóndez e Somnámbulos, de Suso de Toro, sitúanse no segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Javier Domínguez: «O que define a Los Suaves é enerxía e corazón»

Javier Domínguez: «O que define a Los Suaves é enerxía e corazón»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Javier Domínguez arredor do libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, publicado en EXTRAMUROS.

Conferencia sobre “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” en Viveiro

O xoves, 6 de novembro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal, Praza Maior de Viveiro, terá lugar a conferencia de Carlos Callón sobre o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. O acto está organizado polo Colectivo Pensamento e Sementeira.

«Dende o conflito», de María Reimóndez, o libro máis vendido en Narrativa, xunto con «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, en Xuvenil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de outubro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Dende o conflito, de María Reimóndez é o libro máis vendido no  ámbito da Narrativa e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en Xuvenil.

Cativoume desde a primeira páxina: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Crítica de Mariña Castro

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión de Mariña Castro Fontao, membro do xurado do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e estudante do IES de Silleda, sobre O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.

Libro viscoso, fedorento e xoguetón: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, que tamén recolle no seu blog.     Unhas receitas de medo Dela fala Manuel Bragado, director da editorial Xerais, como dunha integrante da xeración da esperanza da nosa literatura.

Estimable lectura, entretida e con humor: «Chovida do ceo», de Alfredo Conde. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a novela Chovida do ceo de Alfredo Conde. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

Jorge Llorca: «A sociedade está feita para frustrar os máis febles». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista con Jorge Llorca sobre O violín de Rembrandt, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2013.     «A sociedade está feita para frustrar os máis febles; pero todos tentan sobrepoñerse, aínda que sexa en soños» Jorge Llorca gañou o premio Blanco Amor 2013 co seu segundo libro, ‘O violín de Rembrandt’.

A cartografía literaria de Xavier Queipo: «55», o dominio da arte e dos segredos do relato. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre 55, de Xavier Queipo.

Presentación en Madrid de “El azabache y su cultura en la Península Ibérica” de Angel Cardín

O xoves, 6 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa de Galicia, rúa Casado del Alisal, 8 de Madrid, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la península Ibérica de Ángel Cardín. No acto, organizado por Xerais e a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, participarán Joaquín Leguina e Ángel Cardín.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto en Ponteceso

O mércores, 5 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, Xurxo Souto presentará o seu libro  Contos do mar de Irlanda dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.