Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2014

Crítica de César Lorenzo sobre «O Gran Reino», de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014

Biosbardia publica unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.     ‘O Gran Reino’: Mediocre historia para unha brillante personaxe Galadriel Vilas Souto é unha das personaxes máis interesantes das creadas ultimamente en Galicia. Ten 14 anos, non ten ningunha amiga.

“Vermú entre libros” da libraría Paz con “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 29 de novembro, ás 12:30 horas, Xurxo Souto participará no xa clásico “Vermú entre libros” que organiza a libraría Paz, rúa da Peregrina, 29 de Pontevedra. O xornalista Serafín Alonso conversará con Xurxo Souto sobre Contos do mar de Irlanda.

Presentación en Ribadeo de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 28 de novembro, ás 20:30 horas, en Amodiño TendaBar de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, Xurxo Souto evocará o ambiente dos “Contos do mar de Irlanda” ao compás da súa música.

«Silencio», de Fran Alonso, preséntase mañá por videoconferencia ante o alumnado dun instituto de Vigo e outro de Ferrol

A novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo, será presentada mañá ás 10,30 da mañá por videoconferencia ante o alumnado dun Instituto de Vigo e outro de Ferrol. O encontro terá lugar no IES Valadares de Vigo, desde onde será retransmitido ao IES Saturnino Montojo de Ferrol, que participará de forma activa.

«O gardián invisible», de Dolores Redondo, unha escritora que regresa estes días. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis a opinión dunha estudante sobre a novela O gardián invisible, de Dolores Redondo. Na primeira semana de decembro, estará nas librarías a derradeira novela da triloxía do Baztán, de Dolores Redondo: Ofrenda á tormenta.

Javier Domínguez: «Nunca haberá nada como Los Suaves»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López a Javier Domínguez sobre o  libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, publicado na colección Extramuros.

Suso de Toro: «Ser un autor en lingua galega en España significa que non saben o que facer contigo»

Praza Pública publicou unha entrevista de Mario Pais Beiro a Suso de Toro sobre o seu último libro, Somnámbulos. Suso de Toro: «España vive unha crise nacional porque non ten cultura nacional» Suso de Toro acaba de publicar o seu último libro tras catro anos de retiro, Somnámbulos, un compendio de tres relatos que o autor sentía a necesidade de sacar da súa cabeza.

Presentación en Pontevedra de “Historia da bicicleta dun home lagarto” de Fina Casalderrey

O xoves, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevera, rúa Amoedo Carballo 3, terá lugar a presentación do libro Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e Xerais,  intervirán Miguel Suárez Abel (escritor), Manuel Bragado (director de Xerais), Óscar Ibáñez (gaiteiro) e Fina Casalderrey.

“O raposo e a mestra” de Manuel Rivas no XIX Simposio Pondaliano

O mércores, 26 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal, Casa do Cura, s/nº en Ponteceso, dentro das actividades do XIX Simposio Pondaliano, terá lugar a actividade literario-musical arredor do libro O raposo e a mestra de Manuel Rivas.

Elena Gallego: «Dragal é un soño»

O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag Eirado da TVG á escritora Elena Gallego sobre a saga Dragal. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Galicia: un pobo con futuro?» O noso devalo demográfico

Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, de Manuel Blanco Desar, é un libro que abre o debate demográfico de Galicia. Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade de seu. Se o pobo galego avellenta e torna feble, Galicia tamén o fará.

A novela negra sobre unha poboación protagonista: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Conduce rápido, de Diego Ameixeiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.