Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2014

O regreso de Suso de Toro con «Somnámbulos». Reportaxe en vídeo de «Desde Galicia para el mundo»

O programa da TVE Desde Galicia para el mundo emitiu unha reportaxe sobre o regreso de Suso de Toro á narrativa con Somnámbulos.

Moi bos e actuais relatos. Crítica de Rodríguez Alonso sobre a serie «Formig4s», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide, que conta xa con dous títulos: Formig4s. Misión París e Formig4s. Misión Nova York.

Na brillante tradición do humor macabro: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica en Clij

A revista Clij publicou unha recensión de  Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «A comunicación entre o escritor e o lector é absolutamente fundamental»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Pedro Feijoo  na que fala da súa última novela, A memoria da choiva.   Pedro Feijoo, “narrativa e música da man” Pedro Feijoo Barreiro (Vigo, 1975) é un escritor galego que irrompeu nestes últimos anos na nosa literatura con dúas novelas que son do máis lido da nosa narrativa.

Entre a ciencia divulgativa e a fantasía fabuladora: «55», de Xavier Queipo

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre sobre 55, de Xavier Queipo. A información pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

A mellor novela de María Reimóndez: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Dende o conflito, de María Reimóndez, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Ledicia e emoción con Xurxo Souto e os seus «Contos do mar de Irlanda». Anotación dun lector

Un lector, Jorge Soto, publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.   Contos do mar de Irlanda “As cousas do mar non se contan na terra” contaba o Machín de Muxía. Hoxe viaxei alén do paralelo 48 grados N.

Falar da morte con humor: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro  Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA » [ LEDICIA COSTAS ] Letras e fogóns por xunto Galardoada na última edición do Premio Merlín esta proposta adéntrase con convicción nun asunto de tratamento difícil como é a morte.

Estupenda novela de ciencia-ficción: «Desde unha estrela distante», de Agustín Fernández Paz. Crítica en Clij

A revista Clij publicou unha recensión do libro Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz.   A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico”

O martes, 25 de novembro, ás 12:30 horas, no Museo do Pobo Galego, terá lugar a presentación do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar.

Presentación en Pontevedra de “Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll” de Javier Domínguez

O martes, 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo, rúa Padre Amoedo Carballo 3 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll de Javier Domínguez. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Javier Domínguez, Adrián Morgade, Charly Domínguez, baixista e fundador de Los Suaves,  e Manuel Bragado.

Novidade: «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento», de Xosé Ramón Pena

Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena, é novidade de Xerais que complementa o volume anterior. Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I.