Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2014

O mar o e o inagardado nun poemario para o lectorado infantil: «As redes de Inés», de Elvira Riveiro Tobío. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, publicado na colección Merliño.

Novidade: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Brevidade, dosificación e tramas cruzadas nun novo estilo de novela negra

Conduce rápido, de Diego Ameixeiras, é unha novidade de Xerais na colección Narrativa Tras fuxir mangada coa cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a unha parella de turistas, Erika caeu a rolos polas escaleiras de Praterías e procurou sandar as súas feridas na casa dunha amiga.

Xurxo Souto: «O mar, que é central, estaba oculto e ninguén nolo contaba». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a Xurxo Souto sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda.     «Que o mundo do mar sexa invisíbel é unha gran estafa» Cando fala de Contos do mar de Irlanda (Xerais), o escritor e músico Xurxo Souto entusiásmase co tesouro que transmite neste seu novo libro, esa épica do mar que non tivemos e que, ao seu ver, nos corresponde.

María Reimóndez: «Hoxe o máis revolucionario é ser». Crónica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de  Dende o conflito, de María Reimóndez,  a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.   Na presentación de “Dende o conflito” (Vigo): «o máis revolucionario é ser» Foi, a do pasado venres, a primeira presentación pública de Dende o conflito, de María Reimóndez.

Novidade: «Os dereitos da infancia». Dez escritores da literatura infanti recrean dereitos fundamentais

Novidade: Os dereitos da infancia. En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios.

Suaves por Suaves. Artigo de Salvador Rodríguez

Salvador Rodríguez publicou no suplemento Visado de Faro de Vigo un artigo sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez. A información pode lerse ou descargarse neste enlace.

María Solar: «As meigas de Lupa ten unha base real histórica na vida do século primeiro e nas lendas da raiña Lupa»

O blog Lingua de Alcaián, do IES de Coristanco, entrevistou a María Solar sobre o seu libro As meigas de Lupa.   PALABRA DE ESCRITORA A escritora María Solar, autora d´As meigas de Lupa, a nosa lectura trimestral en 3º ESO, responde as curiosidades que lle trasladamos vía correo electrónico.

Contra o poder: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Dende o conflito, de María Reimóndez,  a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.   Un Xerais internacional e de actualidade Un historiador e crítico da literatura galega hai xa uns anos caracterizou a narrativa galega actual pola súa traducibilidade.

Coágulos da fala: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre.   «Ovella descarreirada» Imos pechando as novidades editoriais do ano. Tras a nova novela de Ameixeiras e o segundo volume da Historia da Literatura Galega de Pena, chegou onte Ovella descarreirada, o libro de poemas de Marilar Aleixandre ilustrado por Óscar Villán.

Fran Alonso: «O xornalismo necesita incorporar puntos de vista relacionados coa ficción para recuperar credibilidade». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Fran Alonso centrada na súa novela Silencio e noutros temas do ámbito do libro, da literatura e da edición.   Fran Alonso: “Hoxe hai espazo para unha nova editorial de narrativa galega” Xerais reedita a novela curta para público xuvenil Silencio, de Fran Alonso (Vigo, 1963). O escritor móvese ben entre xéneros: novela, relato, poesía.

Áxil e trepidante: «Formig4s. Misión Nova York», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide

A páxina web da OEPLI publicou unha recensión crítica  de Ledicia Costas sobre Formig4s. Misión Nova York, segundo título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.   «Formig4s. Misión París»  Formig4s es una brigada especial integrada por cuatro hormigas, cada una con una cualidad que la hace destacar: la fuerza, la elasticidad, la inteligencia y la capacidad de volar.

No engaiolante universo de Ledicia Costas. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a presentación de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014,   NO ENGAIOLANTE UNIVERSO DE LEDICIA COSTAS Foi unha presentación deliciosa. Con sabor. Ou, mellor dito, con sabores. Todo sabía a chocolate, a morango, a mazapán, a galleta, a… LITERATURA. Si, a LITERATURA con maiúsculas.