Menu Xerais

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto e «Dende o conflito», de María Reimóndez encabezan os libros máis vendidos en Narrativa. «Escarlatina, a cociñeira defunta», a lista de literatura infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de novembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto  e  Dende o conflito, de María Reimóndez encabezan de xeito compartidos a lista dos libros máis vendido no  ámbito da narrativa. Ambos os dous, son libros con excelente acollida por partes dos lectores e lectoras desde o primeiro momento da súa publicación. No ámbito da literatura infantil, a lista está encabezada por Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Curiosamente, entre os libros singulares máis vendidos, figura tamén encabezando a lista o Calendario Xerais 2015, con textos de 12 escritoras e escritores galegos, dedicado ao fotógrafo José Suárez.

O listado completo pode consultarse nesta ligazón.

Deixa un comentario!