Menu Xerais

Manuel Rivas participa hoxe no Hay Festival en Gales

Logo da súa participación no Festival  Azabache Mar del Plata os días 16, 17, 18 e 19 de Maio e na Wuppertaler Literatura Biennale, o día 26 de maio,  o escritor Manuel Rivas participa hoxe no Hay Festival de Gales, en Gran Bretaña.

A súa intervención terá lugar á sete da tarde e farao acompañado da escritora Jane Lythell, ambos os dous en conversa coa crítica e tamén escritora Stephanie Merritt. A súa participación centrarase na versión inglesa da súa novela Todo é silencio, All is Silence. Segundo a organización do festival, «Rivas’ All is Silence is a literary masterpiece about three young friends growing up in a Galician community which is bound by a conspiracy of silence».

 

 

Deixa un comentario!