Menu Xerais

O escritor na súa terra: Xabier DoCampo. Homenaxe en Castro Ribeiras de Lea, mañá sábado 21 de xuño

O escritor Xabier P. Docampo recibe mañá sábado 21 de xuño unha homenaxe da AELG baixo o lema «Escritor na súa Terra 2014», que terá lugar en Castro de Ribeiras de Lea. Reproducimos a información da AELG:

 

 

O escritor na súa terra: Xabier DoCampo. Castro Ribeiras de Lea, 2014, o sábado 21 de xuño

A Homenaxe O Escritor na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XX edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xabier P. DoCampo, que será homenaxeado en Castro de Ribeiras de Lea, terra onde se criou.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeado cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica (unha cerdeira elixida polo propio autor), a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do nome do homenaxeado a un espazo público, neste caso á avenida da Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea.

PROGRAMA DE ACTOS

- 11:30 h. Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea (Avenida da Terra Cha, 17).
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación da cerdeira (árbore simbólica do escritor).
Interveñen:
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
•Francisco Xosé Fernández Montes, Alcalde de Rábade.
•Francisco Javier Balado Teijeiro, Alcalde de Castro de Rei.
Xabier P. DoCampo.

Descubrimento da placa que atribúe o nome do homenaxeado á avenida (Avda. Xabier P. DoCampo).

Acto de entrega da “Letra E” (Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea).
Interveñen:
•Francisco Javier Balado Teijeiro, Alcalde de Castro de Rei.
Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG.
Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG.
Agustín Fernández Paz: Laudatio.
Entrega da peza escultórica do artista Silverio Rivas.
•Intervención do homenaxeado: Resposta á laudatio por parte de Xabier P. DoCampo.

- 14:00 h. Xantar de confraternidade. Restaurante Río Lea (Avenida da Terra Cha, 54).

Aberto aos/ás socios/as da AELG, á veciñanza de Castro de Rei e demais persoas interesadas. É preciso confirmar asistencia, até o 17 de xuño –inclusive–. As prazas no restaurante son limitadas.

Deixa un comentario!