Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro de Santiago 2014

Dende o 26 de abril ao 4 de maio, na Alameda Compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago (Foto: xoán a. soler. La Voz de Galicia), na que Xerais ten programados os seguintes actos:

Día 28 luns

19:00 h.:  Presentación de Contra a norte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito con Teresa Moure e Manuel Bragado.

19:30 h.:  Sinatura de Pedro Feijoo

20:00 h.:  Sinatura de Berta Dávila

Día 29  martes

19:00 h.: Presentación de Vapor  de Pere Tobaruela con Ledicia Costas e Manuel Bragado.

20:00 h.:  Sinatura de Manuel Gago

20:00 h.:  Presentación de A voz do vento  de Pemón Bouzas con  Manuel Bragado

Día 30  mércores

19:00 h.: Presentación de Penúltimas tendencias  de Carlos Negro con Montse Pena Presas e Manuel Bragado.

19:00 h.:  Sinatura de Manuel Rivas

19:30 h.:  Sinatura de Diego Ameixeiras

20:00 h.:  Sinatura de Elena Gallego Abad

20:00 h.:  Presentación de Ámote Leo A.  de Rosa Aneiros con  Gracia Santorum, as alumnas Denise Varela e Sonia Troitiño e Manuel Bragado.

A partir 19:30 Rosa Aneiros asinará na caseta da Libraría Pedreira.

Deixa un comentario!