Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2015

Novidade: «Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías», en edición de Antonio Reigosa. Un cento de historias en forma de mitos, lendas, ritos, contos…

Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López, é unha das novidades da colección LIBROX. O proxecto “Galicia Encantada” naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro.

«Coller as rendas», de Yolanda Castaño e Xosé Tomás. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da Crítica unha recensión sobre o álbum de poesía infantil Coller as rendas, de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás,   Coller as rendas, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás Non é a vez primeira que  escritora e ilustrador colaboran en proxectos editoriais, ao meu xuízo con especial fortuna  e teño para min que este camiño compartido se beneficia ás claras en Coller as rendas,

Unha boa novela: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. Crítica de Xesús González Gómez

Biosbardia publicou unha recensión crítica de Xesús González Gómez sobre a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.     «Matarte lentamente»: Diego Ameixeiras brilla sen etiquetas Ás veces acontece que un autor cuxa primeira obra non nos interesou acaba escribindo obras que si nos interesan.

Novidade: «O manifesto comunista», de Karl Marx e Friedrich Engels: un dos fitos do pensamento universal

O manifesto comunista, de Karl Marx e Friedrich Engels, é unha novidade da colección LibrosX. “O manifesto comunista” é un clásico do movemento emancipatorio. A súa perennidade atópase no impulso moral que o inspira: o aborrecemento da inxustiza.

Modernidade á galega. Artigo de Xosé Ramón Pena sobre «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico»

O escritor Xosé Ramón Pena publicou no Faro de Vigo un artigo sobre a crise demográfica galega partindo do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinado por Manuel Blanco Desar. O artigo pode lerse ou descargase nesta ligazón.

Carlos Callón, O activista que loita coas palabras

A edición de Ribeira de La Voz de Galicia publicou unha información de de M. X. Blanco sobre Carlos Callón.     O activista que loita coas palabras Gran defensor do galego, o ribeirense ten media ducia de libros publicados Hai un cuarto de século, cando boa parte da vida transcorría en castelán, un adolescente de Ribeira tomaba conciencia da necesidade de coidar un idioma que corría un serio perigo.

Presentación en Narón de “Contra a morte das linguas” de Miguel Moreira Barbeito

O venres, 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Libraría Day, Estrada da Gándara, 141 de Narón, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito. O acto está organizado por Queremos Narón.

Presentación en Perillo-Oleiros de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 28 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Rialeda en Perillo-Oleiros, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. Xurxo Souto relatará diversas historias de mariñeiros galegos no Gran Sol, acompañadas con cancións en homenaxe aos antepasados de Perillo.

Os lugares máis escuros de Compostela: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Contar con extrema delicadeza: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un relato universal entre o realismo e a ciencia ficción: «Os Megatoxos e o dragón de xade», de Anxo Fariña. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña.     Nova aventura dos Megatoxos             Na literatura infantil e xuvenil, vimos observando, como indicamos no noso comentario ao ano literario 2014, o fenómeno de personaxes que van creando unha saga ao se iren repitindo as súas aventuras en entregas sucesivas.

Laureano Xoaquín Araujo Cardalda: «A intención do meu poemario é que o lector ou lectora complete o relato». Entrevista sobre «Os días condenados»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, sobre o seu poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2014.