Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2015

Os booktubers do IES Laxeiro recomendan lecturas

Desde a biblioteca do IES Laxeiro de Lalín, tres estudantes recomendan cadanseu libro para ler: a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas; a obra de teatro Unha rosa é unha rosa, de  Suso de Toro; e Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán.

Unha obra chamada a marcar unha época: «Historia da Literatura Galega II. O Rexurdimento». Comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena.

Unha lectura de interese: «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón. Comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección  Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.

Novidade: «Augusta e os seus medos», de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez. Unha nena chea de soños que ten medo á voar

Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles é un álbum ilustrado por Alicia Suárez Otero, novidade da colección Merliño. Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas…Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais.

Presentación en Viveiro de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, na libraría Porta de Vila de Viveiro, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No mesmo acto tamén se presentará Transfusión Oceánica de Xosé Iglesias.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto na Fnac da Coruña

O xoves, 22 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Fnac, praza de Lugo da Coruña, Xurxo Souto, acompañado da súa acordeón, cantará algunhas das cancións do mar en terra antes de dedicarche o seu libro Contos do mar de Irlanda.  «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos.

Pagou a pena! «Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll», de Javier Domínguez. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou na Revista de La Región unha recensión crítica sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez publicado na colección Extramuros. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «O can Gastón anda tristeiro», de Pablo Rosendo, un álbum para primeiros lectores

O can Gastón anda tristeiro, escrito e ilustrado por Pablo Rosendo, é unha novidade da colección Merliño. Gastón é un can tristeiro. O seu dono Antón paséao, cepíllao, dálle mecos e con el enreda. A xente mírao, acaríñao e gábao… A outros cans gústalles… pero a Gastón nada o aleda.

Ledicia Costas: «Cando chegou a profesionalización da cociña mantívose o patriarcado: os grandes chefs son eles»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Ledicia Costas sobre o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.   «Cando chegou a profesionalización da cociña mantívose o patriarcado: os grandes chefs son eles» ‘Escarlatina, a cociñeira defunta’ gañou o premio de Fervenzas Literarias á mellor portada e mellor libro de literatura infantil.

Os Premios Fervenzas Literarias 2014 recoñecen varias obras e autores/as de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de votación dos internautas. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial. Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación ao respecto en Brétemas.

A nosa literatura segundo Pena: «Historia da Literatura Galega II. O Rexurdimento». Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Poemas matemáticos, ou versos matemáticos?: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Anotación en Rede Lectura

Poemas matemáticos, ou versos matemáticos?: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Anotación en Rede Lectura

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán.   Poemas matemáticos, ou versos matemáticos? Ovella descarreirada de Marilar Aleixandre é un poemario publicado na colección Milmanda de Xerais.