Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2015

Para enganchar os pequenos e pequenas: «Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!», de Jacobo Fernández Serrano. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!, escrita e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.     A terceira aventura de Marcopola Nestes días da fin de ano atopámonos coa terceira aventura de Marcopola, a illa que xa coñecemos por dúas entregas anteriores. Neste caso atopamos nada menos que unha dragoa.

Recomendo a súa lectura: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da Crítica unha recensión sobre Somnámbulos, de Suso de Toro, autor que acaba de ser galardoado co Premio Internacional de Omniun Cultural en Cataluña.   Somnámbulos, de Suso de Toro Hai un par de meses saudaba brevemente, desde as páxinas da revista Biblos, a aparición deste libro de Suso de Toro.

A historia de catro irmáns que montaron un dos grupos de rock máis famosos: Los Suaves. Crítica de David Esteban

A revista Mariskal Rock publicou unha recensión crítica de David Esteban sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez publicado na colección Extramuros.

Xosé Ramón Pena: «A literatura galega sempre mantivo un fío desde os séculos escuros»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a a Xosé Ramón Pena sobre a Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento.

Presentación en Vilariño, Cangas de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 3 de xaneiro, ás 12:00 horas (sesión vermú), dentro da ruta de presentacións de Contos do mar de Irlanda Xurxo Souto e a Agrupación Cultural o Gato de Vilariño réndenlle unha homenaxe aos Gaiteiros do Mar. No ano 73 abordo do Ría de Aldán coincidiron tres gaiteiros. Manoliño e Feliciano de Donón ( gaita e tamboril) e mais Manuel Martínez Santomé, da praia da Menduíña, no bombo.