Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Amor en alpargatas, de Manuel Portas.
«Amor en alpargatas»
Máis dun cento de persoas xuntáronse no café Airas Nunes de Compostela para arroupar a Manuel Portas na presentación de Amor en alpargatas, a súa cuarta novela.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Televisión, Vídeos
O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe, entrevistando a Antonio Tizón polo seu libro A antesala luminosa.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Entrevistas, Milmanda, Poesía, Xuvenil
La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Casanova a Marilar Aleixandre, que acaba de publicar o poemario xuvenil Ovella descarreirada. (Foto de Álvaro Ballesteros / La Voz de Galicia).
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Fóra de Xogo, Novidades, Xuvenil
De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, é unha novidade da colección Fóra de Xogo.
Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas. Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Álbums, Críticas, Infantil
Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre o álbum Augusta e os seus medos, de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez Otero.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Animación á lectura, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Xuvenil
Un encontro coa escritora Ledicia Costas en torno ao seu libro O corazón de Xúpiter centra a sesión de mañá sábado 28 de febreiro, do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Premios_Xerais, Xerais
Sermos Galiza publica unha información sobre a iniciativa de Xerais de realizar unha convocatoria pública para escoller tres persoas que desexen participar como membros dos xurados dos Premios Xerais 2015.
Os Xerais abren os seus xurados a través dunha convocatoria pública
Calquera pode ser membro do xurado dos Premios Xerais.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 6 de marzo, ás 20,00 horas, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva, 22 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Antípodas de Xosé Vázquez Pintor.
No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, A Galería Sargadelos e Xerais, participarán Xaime Toxo, Manuel Bragado e a cantora Begoña Lorenzo.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 4 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela, 2014.
No acto, organizado pola libraría Lila de Lillith e Xerais, participarán Montse Dopico, Manuel Bragado e María Reimóndez.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2015 nas categorías Poesía, Presentacións
O martes, 3 de marzo, ás 20:30 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira, 32 da Coruña, terá lugar a presentación do libro Atravesar o fantasma de Carlos Callón.
No acto, organizado pola libraría Suévia e Xerais, participarán Manuel Fernández Blanco, Inma Otero, Carme Fernández-Sanjulián e Carlos Callón.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Presentacións
O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Amelia Ferreiroa a Xosé Vázquez Pintor sobre a súa nova novela Antípodas. (Foto de M. Souto)
A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2015 nas categorías Crónica, Reportaxes
A xornalista Montse Dopico publicou no Faro das Letras, de Faro de Vigo, unha reportaxe titulada «O sentido do terror» sobre o medo e o control social no franquismo elaborada a partir do libro Medo político e control social na retagarda franquista, de Lucio Martínez Pereda, publicado por Xerais na colección Crónica.
A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →