Presentación de «Juan Rof Codina» en Entrimo
O venres, 7 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do concello de Entrimo, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina de Diego Conde.
Publicado o 29 Xullo, 2015 nas categorías Monografías, Noticias, Presentacións
O venres, 7 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do concello de Entrimo, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina de Diego Conde.
Publicado o 29 Xullo, 2015 nas categorías Axendas, LibroX, Noticias, Presentacións
O venres, 31 de xullo, ás 20:30 horas, na librería Bahía de Foz, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.
Publicado o 24 Xullo, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
A crítica María Xesús Fernández publicou na súa páxina de Facebook un comentario sobre o libro Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, que reproducimos. Un animal chamado néboa «Desfrutei moito coa lectura deste último libro publicado por Ledicia Costas, e , aínda que poida parecer un oxímoron, tamén quedei horrorizada. Marabilloso poder da Literatura.
Publicado o 24 Xullo, 2015 nas categorías Artigos literarios, Biografía, Crónica
X. L. Franco Grande publicou no Fugas de La Voz de Galicia un artigo sobre o libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Publicado o 24 Xullo, 2015 nas categorías Biblioteca Dramática Galega, Infantil, Premios
Radiofusión publicou unha información sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. O verán, tempo de lecturas O verán é tamén tempo de lecturas. Duas novidades de autores da comarca están xa nas librarías. Realidades cercanas de Gabriel Tizón e Xogando con gatos, de Antón Cortizas.
Publicado o 24 Xullo, 2015 nas categorías Poesía, Vídeos
«O desexo está na pantalla» é videopoema de Alberte Calo e Alba Romero sobre un texto do poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A música é de de Kai Engel e as actuacións de Antón Blanco Casás e Miguel Gendre. O desexo está na pantalla | Videopoema from Alberte Calo on Vimeo.
Publicado o 24 Xullo, 2015 nas categorías Libro–disco, Narrativa, Presentacións
O sábado, 25 de xullo de 11:00 a 22:00 horas, na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela, a Romaría dos Libros acollerá actividades dos seguintes libros publicados por Xerais: 14:00 horas: Concerto didáctico-lúdico a redor do libro Sira e o robot. Adventures on Titan de Miguel Mosqueira e Mark Wiersma. 21:00 horas: “Océano para terrícolas”.
Publicado o 23 Xullo, 2015 nas categorías Debates, Monografías, Reportaxes
O libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, coordinado por Manuel Blanco Desar, deu a voz de alerta e agora o debate está en riba da mesa. Reproducimos unha información de La Voz de Galicia onde se fala do libro (que se pode ler ou descargar nesta ligazón), así como un artigo no Faro de Vigo do propio coordinador da publicación, Manuel Blanco Desar (que se pode ler ou descargar nestoutra ligazón).
Publicado o 23 Xullo, 2015 nas categorías Sin categoría
Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora An Alfaya.
Publicado o 23 Xullo, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado, 25 de xullo, ás 17:00 horas, na Galería das Letras e das Ideas do Festigal, 2015, Campus Universitario Sur de Compostela, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Manuel Bragado e Xabier Paz.
Publicado o 22 Xullo, 2015 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
Do 23 ao 26 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Rianxo na que Xerais organiza os actos: 23 de xullo Ás 20:30 horas, presentación de Un animal chamado néboa de Ledicia Costas Ás 21:oo horas, presentación de Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, coord.
Publicado o 22 Xullo, 2015 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros
Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey. Libros que andan polas bibliotecas Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey e con ilustracións de Laura Súa Campo. Ilustracións con moito movemento e moita línea curva, ás veces cun aire que lembra aos debuxos doutra época. Desa época é o relato.