Publicado o 15 Xullo, 2015 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, LibroX, Merlín, Presentacións
Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Ribeira na que Xerais ten organizados os seguintes actos:
Día 17 de xullo, venres
20:30 h.: Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada con Manuel Cartea e Manuel Bragado.
Día 19 de xullo, domingo
13:30 h.: Presentación de Rubicundo de María Canosa
21:00 h.: Presentación de Galicia Encantada.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2015 nas categorías Cómic, Críticas
Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Astérix e os godos e Astérix gladiador.
Banda deseñada clásica
Volver aos cómics clásicos, ás series que fan lectores.
Bandas deseñadas para rir e rir e rir e… volver a rir. E rindo recuperamos as referencias dun mundo que sigue vivo.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2015 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xuvenil
A revista Clij publica unha recensión sobre a novela O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.
A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2015 nas categorías Narrativa, Novidades
A novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz, é unha novidade de Xerais Narrativa para este verán.
Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan.
Ler máis →
Publicado o 14 Xullo, 2015 nas categorías Narrativa, Noticias
O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a publicación de Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga, que estará nas vindeiras semanas nas librarías.
Ler máis →
Publicado o 14 Xullo, 2015 nas categorías Biografía, Crónica, Novidades
Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada, é unha novidade da colección Crónica de Xerais.
Nesta biografía de Faustino Rey Romero (1921-1971), o crego e poeta antifranquista de Isorna (Rianxo), recóllense moitos dos sorprendentes comentarios que sobre el foi escoitando Xosé Ricardo Losada, autor da obra, na súa vila natal.
Ler máis →
Publicado o 14 Xullo, 2015 nas categorías Entrevistas, Premios_Xerais, Vídeos
Ler máis →
Publicado o 13 Xullo, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 15 de xullo, ás 20:00 horas, na Berbiriana, rúa Santiago, 7 (porta real) da Coruña, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz.
No acto participarán Begoña Varela e Xabier Paz.
Ler máis →
Publicado o 13 Xullo, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a María Reimóndez sobre a súa nova novela A música dos seres vivos.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 13 Xullo, 2015 nas categorías Narrativa, Novidades
Agosto de memoria e morte é unha novela de Xoaquín Fernández Leiceaga, novidade da colección Narrativa de Xerais para este verán.
Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben relacionado cos notables locais, aparece morto. Un neófito policía deberá asumir a investigación. Corrupción? Conflitos empresariais? Asuntos familiares? En canto apareza outro corpo, as elites locais sentiranse ameazadas.
Ler máis →
Publicado o 13 Xullo, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios
Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.
FRAN P. LORENZO AUTOR DE “CABALOS E LOBOS”, VISITOU ONTE A FEIRA DO LIBRO
‘O meu obxectivo era que os lectores descubran un vigo cun pasado do que se sentir orgullosos’
Hai uns meses, Fran P.
Ler máis →
Publicado o 13 Xullo, 2015 nas categorías Entrevistas, Premios_Xerais, Vídeos
Ler máis →