Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2015

Presentación en Santiago de “Un animal chamado néboa” de Ledicia Costas

O xoves, 24 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Un animal chamado néboa de Ledicia Costas. No acto participarán Antonio M. Fraga, Manuel Bragado e Ledicia Costas.

Presentación en Ourense de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O mércores, 23 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico da Ponte, rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43, de Ourense, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz.

Camiñando cara a unha poesía esencial, telúrica: «A boca da terra», de Manuel Rivas. Crítica de Chus Nogueira

Camiñando cara a unha poesía esencial, telúrica: «A boca da terra», de Manuel Rivas. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Antonio Tizón: «A novela é unha mestura de amor, loucura e morte, autobiográfica e en ton de novela negra»

O xornal El Progreso publica unha entrevista de Alba Villar a Antonio Tizón sobre sobre a novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A voz dunha moza que sabe loitar polo seu propio mundo: «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre o libro Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, ilustrado por Víctor Rivas.

Manuel Rivas: «Este libro intenta ser unha interpretación da linguaxe da terra»

Manuel Rivas: «Este libro intenta ser unha interpretación da linguaxe da terra»

A emisora Radio Voz entrevistou a Manuel Rivas no programa Voces de Bergantiños para falar do seu poemario A boca da terra.

Intenso debate creado a partir do libro «Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico». Reportaxe na revista Eco

A revista Eco, que xa publicara unha longa entrevista a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, publica agora no seu número de setembro unha detallada reportaxe sobre a crise demográfica galega a partir do debate creado polo libro que publicou Xerais.   A reportaxe pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

O afecto como implicación: «Muros de aire», de An Alfaya

El Ideal Gallego publicou unha información sobre Muros de aire, de An Alfaya. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto en Celeiro

O xoves, 17 de setembro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural A Casa do Forno, rúa Grande, 61 de Celeiros, terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro  Contos do mar de Irlanda. No acto, organizado polo Colectivo Chilindrín Penalba, intervirán Bernardo Fraga e Xurxo Souto. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia.

«A boca da terra», de Manuel Rivas, o libro máis recomendado pola Tabela dos libros

O libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, encabeza a clasificación dos libros máis recomendados do verán na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

An Alfaya: «Muros de aire é unha novela sobre o suicidio desde diferentes vertentes»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con An Alfaya sobre a súa novela Muros de aire.     A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Xosé Cobas: «No proceso de lectura é cando se establece o diálogo co texto»

A revista Criaturas publicou unha entrevista de Gracia Santorum ao ilustrador Xosé Cobas. A entrevista tamén pode ser descargada en pdf.   O ilustrador ilustrado. Unha entrevista a Xosé Cobas Son as 6 da tarde cando chego a Cambre e me dirixo ao estudo de Xosé Cobas (Logrosa- Negreira, 1953). Cando entro, a doce e lenta delicadeza do artista esténdese nos recunchos daquel espazo poboado de misterios retratados.