Publicado o 11 Setembro, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.
MAR DE IRLANDA, MÍTICO MAR DE IRLANDA
A meirande parte de libros que dá á luz unha literatura podémolos cualificar como “libros de mantemento”, non achegan nada do outro mundo mais condenalos ao esquezo tamén sería un tanto inxusto.
Ler máis →
Publicado o 11 Setembro, 2015 nas categorías Biblioteca Dramática Galega, Críticas, Premios, Teatro
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica un artigo de Manuel F. Vieites sobre Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014.
O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 11 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 17 de setembro, ás 20:00 horas, na librería Trama, avda da Coruña, 21 de Lugo, terá lugar a presentación da novela A antesala luminosa de Antonio Tizón.
No acto participarán Ángel Vaqueiro, Manuel Fernández Prado, Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →
Publicado o 10 Setembro, 2015 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Poesía
O xornal El siglo publicou unha entrevista de Juana Vera a Manuel Rivas centrada no seu poemario A boca da terra.
A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 10 Setembro, 2015 nas categorías LibroX, Novidades, viaxes
Viaxe por Galicia, de George Borrow, é unha novidade da colección LibroX. Traducido por Salvador García Bodaño.
«A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo. Publicado na Inglaterra de 1842, o libro alcanzou un impresionante éxito, esgotándose sete edicións nun ano.
Ler máis →
Publicado o 10 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O domingo, 13 de setembro, ás 21:30 horas, terá lugar a presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. O acto, organizado polas Festas da Parrocheira, será no Peirao Curuxeiras de Ferrol.
Ler máis →
Publicado o 9 Setembro, 2015 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica do libro Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas.
Madonna e outros contos de inverno
Publica a editorial Xerais na súa colección Fóra de Xogo oito relatos de Manuel Rivas xa coñecidos: Madonna e outros contos de inverno.
Ler máis →
Publicado o 9 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Novidades
Interferencias, de Manuel Seixas, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.
Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis.
Ler máis →
Publicado o 8 Setembro, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais
O xornal El Correo Gallego publica unha entrevista de Isabel Blanco a Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015 coa novela De remate, que estará nas librarías nos primeiros días do vindeiro mes de outubro.(Foto: Fernando Blanco).
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 8 Setembro, 2015 nas categorías Fóra de Xogo, Novidades, Xuvenil
Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas, é unha novidade da colección Fóra de Xogo.
Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes.
Ler máis →
Publicado o 8 Setembro, 2015 nas categorías Infantil, Novidades, Sopa de Libros
Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido, de Jaureguizar, é unha novidade da serie Os Sabuxos na colección Sopa de Libros.
Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca.
Ler máis →
Publicado o 8 Setembro, 2015 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Xuvenil
O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre o campamento de verán organizado en tonro aos libros da serie Dragal de Elena Gallego Abad.
A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →