Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías booktrailers, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Vídeos
La Voz de Galicia publicou unha información de Ana F. Cuba sobre «En memoria de Bieito Sanmarful», o orixinal booktráiler da novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015. O booktráiler, realizado por César Galdo co equipo de Entremedias Comunicación, ten máis de nove minutos e un excelente guión, e os actores e actrices que aparecen son, en realidade, veciñas do realizador en San Sadurniño.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Televisión
A xornalista Pilar Rego entrevistou no programa Zig-Zag á escritora Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías Fóra de Xogo, Novidades, Premios_Xerais, Xuvenil
Europa Express, de Andrea Maceiras, é a novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.
Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Roteiros_literarios
Mañá sábado 31 terá lugar un novo Paseo Literario polas rúas da Coruña da man do escritor Pedro Feijoo. O xornalista Guillermo Pardo entrevistouno para Coruña Daily News.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías Noticias, Roteiros_literarios
A AELG organiza un Roteiro Literario na Coruña con Xurxo Souto mañá sábado: ««A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules. Ruta de Ulyses Fingal».
Roteiro literario pola Coruña con Xurxo Souto «A toponimia das pedras percebeiras da Torre de Hércules.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías booktrailers, Narrativa, Presentacións
O venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación da novela De remate de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela, 2015.
No acto, no participarán Pilar Ponte Patiño, Manuel Bragado e Héctor Cajaraville, proxectarase o booktrailer “De remate. En memoria de Bieito Sanmarful” de César Galdo.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 6 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, de Noia, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.
No acto, organizado pola Concellería de Cultura de Noia, a Asociación Cultural Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; José Manuel Lage, Concelleiro de Cultura; e Xoaquín Fernández Leiceaga.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, rúa Enrique Dequidt, 12, A Coruña, terá lugar a presentación da novela A música dos seres vivos de María Reimóndez.
O acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librarías”, contará con Fran Alonso, María Reimóndez e a participación musical de Mercedes Peón.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2015 nas categorías Axendas, Blogs, Fotografía, Novidades, Xerais
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o Calendario Xerais 2016.
O calendario de Martí
Xa está á venda o Calendario Xerais 2016 dedicado á serie sobre a emigración do fotógrafo Alberto Martí.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2015 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Radio
O escritor Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015 coa novela De remate, foi entrevistado por Kiko Novoa no programa Galicia por Diante da Radio Galega.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2015 nas categorías Narrativa, Reportaxes
Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Elena Ocampo sobre Por que as sombras non teñen ollos, a última novela de Luís García Mañá.
A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →