Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2015

Un último escintileo para que ilumine o camiño esvaído: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira.

Para ler e xogar: «Onde viven as fadas?» Conto para ler ás escuras. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro Onde viven as fadas?» Conto para ler ás escuras, de Ignasi Valios i Buñuel.   Onde viven as fadas? Publica Xerais este libriño máxico para ler ás escuras, Onde viven as fadas? de Ignasi Valios i Buñuel, un libro para ler e xogar, un libro do que se pode tirar moito rendemento na casa con nenos e nenas.

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «Europa Express», de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne 2015

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación recomendando a lectura da novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.     EUROPA EXPRESS , Premio Jules Verne de Narrativa Xuvenil 2015 Europa Express de Andrea Maceiras gañou o Premio Jules Verne de narrativa xuvenil, na edición de 2015.

Para desfrutar sen prexuízos: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Crítica de H.J.P.

O xornal La Voz de Galicia publicou unha recensión de H. J. P sobre a novela Morena, perigosa e románica, a novela de Pedro Feijoo. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Eva Moreda: «Unha das grandezas da literatura é que dá cabida á contradición»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista de Carlos Loureiro Rodríguez á escritora Eva Moreda.       Eva Moreda: «Unha das grandezas da literatura é que dá cabida á contradición» Eva Moreda (A Veiga, Asturias, 1981). Xove creadora que desde moi nova pasou a vivir en Ribadeo e, tras o paso por diferentes países, recalou en Inglaterra.

Libros máis vendidos en Novembro: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas; «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas; e «O papiro do César», o novo álbum de Astérix

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de outubro a partir da información proporcionada por 14 librarías galegas.

Reflexionar sobre unha natureza que non coidamos: «Unha casiña branca», de Marcos Calveiro. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre sobre o libro infantil Unha casiña branca, de Marcos Calveiro, ilustrada por Marcos Viso.     Unha casiña branca Publica Xerais un novo libro de Marcos Calveiro na súa colección Sopa de Libros: Unha casiña branca conta con ilustracións de Marcos Viso.

Novidade: «Formig4s. Misión Barcelona», de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Que sucede en La Pedrera o día de Sant Jordi?

Formig4s. Misión Barcelona, é o terceiro título da serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide. FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.“Misión Barcelona” leva os FORMIG4S á capital catalá o día de Sant Jordi.

Unha novela popular, moi entretida, feita con solvencia: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré. Crítica de César Lorenzo Gil

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré.   «Hai que matalos a todos»: O papel é o celuloide dos pobres Hai que matalos a todos, de Héctor Carré, editado por Xerais, é un thriller de papel.

Manuel Rivas: «A literatura é resistencia, unha intervención contra a realidade»

O xornal El País publicou unha entrevista de Javier Rodríguez Marcos a Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova. (Foto: Óscar Corral).

Reportaxe sobre «Escarlatina, a cociñeira defunta» en Galicia para el mundo, de TVE, con entrevista a Ledicia Costas

O programa «Galicia para el mundo», de TVE, emitiu unha reportaxe sobre a novela Escarlatina. A cociñeira defunta, con entrevista a súa autora, Ledicia Costas, que tamén prepara unha empanada coas receitas do libro.

Emma Pedreira: «Hai tempo que desexaba falar da perda, do lugar onde medrei, e transmitirllo ás miñas fillas». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Emma Pedreira, gañadora do Premio López Abente de Poesía co libro S/T.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.