Menu Xerais

Arquivo anual: 2015

Habilidade para desmitificar o mundo da morte: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas na web da RTVE

A web da RTVE publicou unha reportaxe de Ana Belén García Flores sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

Lectura, presentación e coloquio “O último día de Terranova” de Manuel Rivas na Coruña

O martes, 22 de decembro, ás 19:00 horas, en Berbiriana, Libros e grolos, rúa Santiago, 7, Porta Real, A Coruña, terá lugar a lectura, presentación e coloquio de O último día de Terranova de Manuel Rivas.

Presentación en Monterroso de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos”

O sábado, 19 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro Socio Cultural da Terceira Idade de Monterroso, terá lugar a presentación do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos de Mary Quintero e Fernanda Padín. No acto, organizado polo Concello de Monterroso e Xerais, participarán Mary Quintero, Fernanda Padín e Manuel Bragado.

Unha novela de lectura engaiolante: «Izan o da saca», de Xabier Quiroga. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Izan o da saca, de Xabier Quiroga.   «Izan o da saca» de Xabier Quiroga Presentamos onte no IES Laxeiro de Lalín Izan o da saca de Xabier Quiroga. Tras seis novelas e 2.

Antonio García Teijeiro: «As lendas teñen moito de poético»

 A xornalista Pilar Rego entrevistou no programa Zig-Zag ao escritor Antonio García Teijeiro, autor, canda  Antonio Reigosa, do libro Lendo lendas, digo versos, ilustrado por Xosé Cobas. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Artigo de Víctor Campío sobre o libro «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo», de X. Ricardo Losada.

Damos a coñecer un artigo de Víctor Campío Pereira sobre o Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada pertencente a un acto en Catoira. A intervención pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xerais recupera A Coruña de 1880 no seu calendario do 2016 «A Coruña anónima»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información sobre o Calendario 2016. A Coruña anónima, un dos dous calendarios para o vindeiro ano 2016 que acaba de editar Xerais. A reportaxe pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

Elvira Riveiro estará mañá sábado no Club de Lectura Lendo Contigo, en Gondomar, con «Palabras brancas»

O libro de poesía infantil PAlAbrAs brAncAs, de Elvira Riveiro, centrará mañá sábado 19 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza da autora na Biblioteca de Gondomar. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.

Novela entretida, de intriga, espías e misterio na Raia Seca: «Por que as sombras non teñen ollos» de Luís García Mañá. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Por que as sombras non teñen ollos, de Luís García Mañá. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.    Loable recuperación.

Falece o escritor Xosé Fernández Ferreiro

O escritor Xosé Fernández Ferreiro faleceu na noite de onte na cidade da Coruña. Nacido en 1931, o autor de Nogueira de Ramuín dedicou a vida enteira á literatura e ao xornalismo.

Un libro orixinal, ben construído: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O venres, 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo, Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, En Vigo, terá lugar a presentación da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Antón Patiño e Manuel Rivas.