Menu Xerais

Arquivo anual: 2015

Poemas vivos que piden ser cantados: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán.   «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre Proposta poética de Marilar Aleixandre que publica a editorial Xerais: Ovella descarreirada vén acompañada das magníficas ilustracións de Óscar Villán. 33 poemas en 3 partes con 11 poemas cada unha.

«Historia da literatura galega II» de X. R. Pena encabeza o ranquing da Tabela dos libros

Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena, sitúase no primeiro posto dos libros máis recomendados (xaneiro 2015) na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Presenza da Costa da Morte nos «Contos do mar de Irlanda», de Xurxo Souto. Por Miro Villar

O blog As Crebas, de Miro Villar, dedica unha anotación á presenza da Costa da Morte nos Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto.   Presenza da Costa da Morte nos Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto «As cousas do mar non se contan na terra. A miña palabra queda no peito. Explicarme non sei…», dixo o Machín de Muxía.

A mellor das tres: «Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, o derradeiro volume da triloxía_do_Baztán.   Remate da triloxía do Baztán Con esta novela, péchase a triloxía do Baztán na liña do best-seller ben feito, como indicamos cando hai xa case dous anos comentabamos aquí o primeiro volume da serie, O gardián invisible.

Sen memoria non somos ninguén: «A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, recensión que tamén recolle no seu blog.   Sen memoria non somos ninguén Ler A viaxe de Gagarin é un galano que ben debía aproveitarse por todo o que ensina e polo ben escrita que está.

«Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo, o libro máis vendido en Narrativa, xunto con «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, en Xuvenil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de decembro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. A novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, é o libro máis vendido no  ámbito da Narrativa e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en Xuvenil.

Carlos Reigosa: «Unha novela negra que sexa boa debe incluír a propia biografía dos seus detectives»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Carlos G. Reigosa sobre a A vinganza do defunto.

Un libro que reivindica a utopía, a diferenza e a rebeldía: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu  unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán.

Un convite á reflexión: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Dende o conflito, de María Reimóndez, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.     Dende o conflito Permanezo cunha sensación agridoce despois de rematada a lectura desta novela de María Reimóndez, merecedora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito.

Para enganchar os pequenos e pequenas: «Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!», de Jacobo Fernández Serrano. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Marcopola, a Illa Remeira 3: Dragoneta!, escrita e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.     A terceira aventura de Marcopola Nestes días da fin de ano atopámonos coa terceira aventura de Marcopola, a illa que xa coñecemos por dúas entregas anteriores. Neste caso atopamos nada menos que unha dragoa.

Recomendo a súa lectura: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da Crítica unha recensión sobre Somnámbulos, de Suso de Toro, autor que acaba de ser galardoado co Premio Internacional de Omniun Cultural en Cataluña.   Somnámbulos, de Suso de Toro Hai un par de meses saudaba brevemente, desde as páxinas da revista Biblos, a aparición deste libro de Suso de Toro.

A historia de catro irmáns que montaron un dos grupos de rock máis famosos: Los Suaves. Crítica de David Esteban

A revista Mariskal Rock publicou unha recensión crítica de David Esteban sobre Los Suaves. Mi casa es el rock ‘n’ roll, de Javier Domínguez publicado na colección Extramuros.