Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2016

Unha nova versión de «Follas novas» a cargo de Anxo Angueira para o #MobilizaRosalía

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a acción #MobilizaRosalía e sobre a nova edición de Follas novas que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.   #MobilizaRosalía Comezou a semana dedicada a Rosalía con motivo da celebración o mércores 24 do seu 179 aniversario.

Presentación en Santiago de “Juan Rof Codina” de Diego Conde Gómez

O xoves, 25 de febreiro, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea de Diego Conde Gómez.

Potente relato da vida interior dunha aldea do noso tempo: «Que non te aten», de Manuel Iglesias Turnes

O Diario de Arousa publicou unha recensión sobre a novela Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«O enterro de Valle Inclán foi o seu primeiro esperpento que triunfa». Entrevista no Diario Cultural a Carlos G. Reigosa e Javier Valle-Inclán Alsina

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritores Carlos G. Reigosa e Javier Valle-Inclán Alsina sobre o libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento, de Carlos G. Reigosa, Javier Valle-Inclán Alsina e José Monleón Bennácer. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

A presentación da novela arraiana «Por que as sombras non teñen ollos», de Luís García Mañá, en Verín

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Verín de Por que as sombras non teñen ollos, de Luís García Mañá.   Na Biblioteca de Verín Dende aquela apoteósica presentación de Carrilanos, hai case dez anos, non volvéramos ás terras de Monterrei.

A Galicia rural de hoxe nun retrato hábil e ameno: «Que non te aten», de Manuel Iglesias Turnes. Crítica de Pablo Vaamonde

Pablo Vaamonde publica no seu blog unha crítica sobre Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes.     «Que non te aten», segunda novela de Manuel Iglesias Turnes Manuel Iglesias Turnes estreouse como escritor en 2012 -cando xa tiña ben cumpridos os sesenta- cunha novela, ​As rapazas de Xan​, que narra a vida nunha aldea de Galicia na primeira metade do século vinte.

Ledicia Costas: «O Premio Nacional cambioume a vida»

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Olalla Sánchez á escritora Ledicia Costas (Foto de Xoan Carlos Xil). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

II Excursión da ruta Costa do Solpor, mañá sábado 20 de febreiro

A AELG informa que mañá sábado 20 de febreiro se realizará  unha nova excursión  a partir da ruta da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.   II Excursión da ruta Costa do Solpor, o sábado 20 de febreiro O sábado 20 de febreiro, a partir das 09:30 horas, terá lugar a II Excursión da Ruta Costa do Solpor, turístico-literaria, dirixida polo autor da obra, Xosé María Lema Suárez.

Novidade: «Que non te aten», de Manuel Iglesias Turnes. Un retrato da aldea do noso tempo, logo de «As rapazas de Xan»

Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes, é unha novidade da colección Narrativa. Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite.

Novidade: «Cara ao leste», de Antía Nara. Nunha fría noite de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a finada

Cara ao leste, de Antía Nara, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser.

Presentación e lectura de “O último día de Terranova” e “A boca da terra” de Manuel Rivas na Coruña

O xoves, 25 de febreiro, ás 19:00 horas, na FNAC da Coruña,  terá lugar a presentación, lectura e coloquio arredor da novela O último día de Terranova e do poemario A boca da terra de Manuel Rivas.

Presentación en Padrón de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O mércores, 24 de febreiro,  ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, Campo do Souto nº 2,  de Padrón, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. O acto, organizado polo Concello de Padrón e Xerais,  contará coa participación de Manuel Bragado, Anxo Angueira Viturro, Chus Senín Fernández e Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón.