Publicado o 17 Febreiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores, 24 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32, en Ferrol, terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. O acto está organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán e Xerais.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
A web de Comarcas na Rede publicou unha valoración crítica de Manrique Fernández sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.
Ramón Caride, «Liquidación de existencias»
“Liquidación de existencias” é un libro triste. Os seus protagonistas son xente cotiá, que vive experiencias cotiás, maiormente tristes, e que o autor decide exhibir para nós.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2016 nas categorías Fóra de Xogo, Novidades, Xuvenil
Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, é unha novidade de literatura xuvenil da colección Fóra de Xogo.
Na cidade de Audierna os distritos ricos están reservados para os güendos e os pobres para os mallumás, dúas comunidades afastadas polo odio e a discriminación. Unha güenda, Guiomar, lembra as clases de klavia recibidas durante a súa adolescencia na casa da Mastrina Xaovén, unha vella profesora de música.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2016 nas categorías Centros de ensino, Conferencia, Infantil, Xuvenil
O Faro de Vigo publica unha información sobre as charlas que os escritores Ledicia Costas e Marcos Calveiro imparten en nove centros de ensino vigueses sobre a súa obra literaria dentro dunha programación promovida polo devandito xornal e o Faro da Escola.
Ler máis →
Publicado o 16 Febreiro, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros
Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o álbum ilustrado Vaite xa!, de Marcos Viso.
«VAITE XA!», UN FERMOSO ÁLBUM DE MARCOS VISO QUE FALA DO DESARRAIGO FAMILIAR E SOCIAL
Gústame que na LIX non se lles agochen aos nenos temas que están ao seu redor. Se pensamos que literatura é vida, non debemos estar de costas a certas realidades.
Ler máis →
Publicado o 15 Febreiro, 2016 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela O dobrón de a oito, de Alberto Fortes.
«O dobrón de a oito» de Alberto Fortes
Presentamos onte no Ateneo de Pontevedra O dobrón de a oito de Alberto Fortes.
Ler máis →
Publicado o 15 Febreiro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Febreiro, 2016 nas categorías Blogs, Narrativa
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Cara ao leste, de Antía Nara.
«Cara ao leste» de Antía Nara
Volvín sobre Cara ao leste de Antía Nara, que chega estes días ás librarías.
Ler máis →
Publicado o 15 Febreiro, 2016 nas categorías Fóra de Xogo, Novidades, Xuvenil
A cacería, de Amadeo Cobas, é unha novidade de literatura xuvenil na colección Fóra de Xogo que recibiu o V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira.
Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto.
Ler máis →
Publicado o 12 Febreiro, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela Izan o da saca, de Xabier Quiroga.
O ENIGMA DA «RUTA DAS RATAS»
Xabier Quiroga volve transitar polos labirintos da historia máis recente ideando unha novela que se adentra no enigma que supón o paso dos nazis fuxidos cara a América: a misteriosa “ruta das ratas”.
Ler máis →
Publicado o 12 Febreiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24 de Santiago, a xornalista Susana Pedreira manterá unha conversa con Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova.
Ler máis →
Publicado o 12 Febreiro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 19 de febreiro, ás 19,30 horas, na Biblioteca Pública, Avda. Portugal, 11 de Verín, terá lugar a presentación da novela Por que as sombras non teñen ollos de Luís Manuel García Mañá.
O acto contará coa participación de Manuel Bragado, José Antonio Alonso Miranda (xeneral do Exército na reserva) e Luís Manuel García Mañá.
Ler máis →