Publicado o 31 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
Juan Bonome Rodal publicou no seu blog, Lavandeira 1968, unha recensión sobre a novela O anxo negro de Manuel Gago.
O anxo negro
O roubo dunha virxe nun mosteiro esquecido dunha cativa aldea na Costa da Morte é o motivo polo que os veciños de esta aldea deciden solicitar a axuda dun capitan retirado da mariña mercante, afecionado á historia da zona.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2016 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor ao escritor Luís Rei Núñez sobre a súa novela O encargo do señor Castelao. (Foto de Alba Sotelo).
Luís Rei Núñez: «A historia do que está acontecendo agora non nace no 15-M. É un camiño que vén de moi atrás»
Castelao e José Gómez Gayoso.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.
Novela híbrida
“Aquel lugar fora, durante un tempo, o espello do mundo” (191) Aquel lugar é San Pedro de Ramirás; o tempo, mediados do século XII; a razón, o inmenso poder que o mosteiro tiña.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas.
Ledicia Costas, Recinto Gris
Lendo esta xoia dáse un conta de que calquera hora que se pasa lendo a Ledicia Costas é unha hora marabillosa. E se son días, meses ou anos, como levo xa enriba, é pura felicidade.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado, 3 de setembro, ás 20:30 horas, no Local Social de Escudeiros en Ramirás, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás.
No acto participarán Xesús Alonso Montero, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Carlos Méndez, Manuel Bragado, Ramón Nicolás e o gaiteiro Manuel Ferro.
Ao remate serviranse viño e petiscos.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez.
O segredo do pastor de estrelas
Luís Rei traza o percorrido vital dos últimos anos de Afonso Daniel Rodríguez Castelao partindo das ansias de vinganza que agroman tras un encontro que o rianxeiro mantén co militante comunista José Gómez Gayoso.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez.
A vida que non é de purpurina
Estréase co mo narrador con libro independente Diego Giráldez con Galería de saldos: unha proposta amarrada á actualidade e, ao mesmo tempo, orixinal en canto á súa estrutura e tonalidade.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Crónica, Historia
Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños sobre Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2016 nas categorías Artigos literarios, Narrativa
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala sobre novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Poesía, Presentacións
O blog O triste Stephen publica o texto que escribiu Lucía Novas para a presentación do libro de poemas Os fillos da fame, de a Ismael Ramos, Premio de Poesía Johán Carballeira 2015.
Ler máis →
Publicado o 29 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa
Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 29 Agosto, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre a novela A dúbida, de María Reimóndez, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
Letters in Books: A dúbida
Collín A dúbida (2016) de María Reimóndez e lina no baleiro de non saber nada previo sobre o libro. Trata dun tema serio e punzante: o abuso de menores.
Ler máis →