Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2016

Vermú entre libros con “Galería de saldos” de Diego Giráldez en Pontevedra

O sábado, 8 de outubro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o vermú entre libros  da novela Galería de saldos de Diego Giráldez. Participarán a xornalista Teresa Cuíñas e Diego Giráldez.

Viaxe a Staro Selo: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo sobre a novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«O espello do mundo», «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, «Escarlatina, a pequena defunta» e «Historia das historias de Galicia», libros máis vendidos

Mantéñense os títulos que xa foron máis vendidos a comezos do verán, nesta nova entrega do Taboeiro do Libro galego, realizado por Ramón Nicolás que recolle a listaxe dos libros máis vendidos durante os meses de agosto e setembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. O espello do mundo de Ramón Nicolás é, canda outros dous, o libro máis vendido no ámbito de Narrativa.

«Exhumación», de Marcos Abalde, e «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez, encabezan o ranquing da Tabela dos libros do mes de outubro

O libro de poemas Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, e a novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez sitúanse no primeiro, segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de outubro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Empatía coas protagonistas: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Bueu da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.     Ramón Nicolás en Bueu Acompañamos onte a Ramón Nicolás na presentación d’ O espello do mundo en Bueu, acto organizado pola sempre dinámica Librería Miranda.