Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2016

Presentación en Betanzos de “O anxo negro” de Manuel Gago

O xoves, 13 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación da novela O anxo negro de Manuel Gago. No acto participarán Alfredo Eiras e Manuel Gago.

Presentación na Coruña de “Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015)” de Manuel Lourenzo

O xoves, 13 de outubro, ás 19:00 h., na FNAC da Coruña, terá lugar a presentación do libro Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015) de Manuel Lourenzo. No acto participarán Xabier P. DoCampo, Manuel Bragado e Manuel Lourenzo.

Antonio Manuel Fraga: «Gañar un premio non te converte automaticamente en bo escritor»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Antonio Manuel Fraga, autor de Tártarus. (Foto de Antonio Manuel Fraga: Ollo de vidro-ACAB).   Antonio Manuel Fraga: «Gañar un premio non te converte automaticamente en bo escritor» Non é fácil nestes tempos ter unha obra publicada no andel de novidades da literatura galega. Menos dúas. Ese é o caso de Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976).

Un ratatouille con sabor literario: unha semana para «Escarlatina, a cociñeira defunta» no blog Bolboretas no Bandullo

O blog gastronómico Bolboretas no Bandullo dedícalle unha semana ao libro Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. O semanario Sermos Galiza recolle publicou unha información ao respecto, que reproducimos. A seguir desa información incluímos tamén a anotación do blog Bolboretas no Bandullo.

A novela galega do holocausto: «O amor nos escuros días de Birkenau» de Alberto Canal. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación en Ourense da novela O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal.   A novela galega do holocausto Resultou onte moi emocionante a presentación no Liceo de Ourense d’ O amor nos escuros días de Birkenau, a segunda novela de Alberto Canal.

Unha boa novela, que fai pensar: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Europa Express, de Andrea Maceiras. Recensión: Andrea Maceiras, «Europa Express» Miguel de Cervantes utilizou no seu Don Quijote de La Mancha, o tópico do “manuscrito atopado” como excusa para crear unha das obras máis importantes da literatura universal. Agora Andrea Maceiras faino coa “postal atopada”.

Magnífico e orixinal relato, escrito con pericia admirable: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Artigo de Xesús Alonso Montero

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, publicou en La Voz de Galicia un artigo sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Vídeo da presentación da novela «O espello do mundo», de Ramón Nicolás, na libraría Cartabón

A libraría Cartabón publicou o vídeo da presentación da novela  O espello do mundo, de Ramón Nicolás, que o propio autor recolle no seu blog.

Xabier Quiroga estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, con «Zapatillas rotas»

O escritor Xabier Quiroga estará en o xoves 6 de outubro ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar e intercambiar impresións sobre a súa novela  Zapatillas rotas.

Traballo exemplar: «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un poemario que namora: «Poemar o mar» de Antonio García Teijeiro. Crítica de Rocío García Pedreira

O xornal El Correo gallego publicou un artigo de Rocío García Pedreira sobre Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López Domínguez.   Palabras con recendo a sal Antonio García Teijeiro poetiza o universo mariño A poesía infantil é un xénero canónico que vai facéndose sitio nos itinerarios lectores dos máis novos e, polo tanto, dentro da aula.

«Placebo», de Jaureguizar: a novela dunh escritor ao que lle gusta escribir. Artigo de Alfredo Conde

O escritor Alfredo Conde publicou un artigo en El Correo Gallego no que fala de Jaureguizar e da súa novela Placebo, O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.