Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2017

«Valados», de Agustín Fernández Paz, centrará o sábado o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar

O libro Valados, de Agustín Fernández Paz, centrará mañá sábado 28 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura e servirá de pequena homenaxe ao autor. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.

Presentación en Santiago de “Bolxeviques 1917-2017” de Teresa Moure (coord.)

O mércores, 1 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago, terá lugar a presentación do libro Bolxeviques. 1917-2017 de Teresa Moure (coord.).

Francisco Coimbra: «A palabra é unha das ferramentas máis poderosas creadas polos seres humanos»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Francisco Coimbra, sobre a novela Crónica Córnica, de Finalista do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

As súas case 700 páxinas devórannos, déixannos exhaustas: «Todo isto che darei», de Dolores Redondo. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un libro áxil e directo: «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, ilustrada por Marcos Viso,  Premio Merlín de Literatura Infantil 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

As pegadas do nazismo en Galicia: «Izan o da saca» e «Cabalos e lobos». Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre as pegadas do nazismo en Galicia a través de dúas novelas recentes: Izan o da saca, de Xabier Quiroga, e Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.     Rastros do nazismo en Galiza Ligou que os últimos títulos de prosa que acabo de ler coinciden en pór o foco nunha temática común e de grande interese. Refírome a Cabalos e lobos, de Fran P.

Isaac Xubín: «Estamos tan afeitos á derrota que poucas veces reparamos en que hai máis opcións ca resistir ou conformarnos»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor  Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño. (Foto de Davide Cabaleiro).

Unha novela engaiolante: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández.

Unha das sorpresas literarias do ano: «Cara ao leste», de Antía Nara. Por Mario Regueira

O escritor e crítico Mario Regueira publicou no seu blog unha anotación na que escolle a novela Cara ao leste, de Antía Nara, entre os tres mellores libros do ano 2016.   Cara ao leste, de Antía Nara (Xerais) Para min, unha das sorpresas literarias do ano.

Novidade: «Autobiografía dun labrego», de Xosé Ramón Mariño Ferro. A vida real dun campesiño contada por si mesmo

O libro Autobiografía dun labrego (Estudo novelado de antropoloxía) de Xosé Ramón Mariño Ferro é a reedición dun clásico da cultura galega na colección LibrosX de Xerais. A Autobiografía dun labrego é a narración da vida dun campesiño real feita por el mesmo.

María Xosé Queizán recolleu onte en Compostela o Premio da Cultura Galega 2016

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega onte en Compostela dos Premios da Cultura Galega 2016, nos que  a escritora María Xosé Queizán foi recoñecida no apartado de Letras, tal e como informamos con anterioridade.     Premios da Cultura Galega 2016 Acompañei a María Xosé Queizán na entrega dos Premios da Cultura Galego 2016 outorgados pola Xunta de Galicia.

Redelectura recomenda «Xa non estou aquí», de Iria Misa, e «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville, dúas novelas premiadas

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda dous libros da colección Fóra de Xogo: Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, e a novela A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.