Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2017

O ano da consagración literaria de Diego Giráldez

O Faro de Vigo publicou unha información de Brais Llopis sobre a elección do escritor Diego Giráldez, autor de Galería de saldos, por parte dos internautas de Fervenzas Literarias como Autor do ano 2016. (Foto: Iria Torres).

Jaureguizar: «Na novela falo sobre a burguesía, unha burguesía asustada, que foi perdendo a súa posición económica e social»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Jaureguizar sobre a súa novela Placebo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Os tres de nunca», de Nacho Taibo. Unha novela monumental que transita polo memorialismo ficcionalizado

A novela Os tres de nunca, de Nacho Taibo, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Unha novela amena que abre as portas ao coñecemento: «O anxo negro» de Manuel Gago. Anotación no blog Caderno de Escola

O blog Caderno de Escola, asinado por Leonor, publicou unha anotación sobre a novela O anxo negro, de Manuel Gago.     «O Anxo negro» de Manuel Gago «Quenquera que fose estaba saqueando Galicia e toda a riqueza artística que, durante séculos, a propia Historia, esa procesión de poderosos, artistas, meretrices, humildes e ladróns, fora acumulando por todas partes.

Booktráiler da novela «Aníbal e a Pintora», de Xabier Paz

Reproducimos o booktráiler da novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, realizado por Illa Bufarda.   ANIBAL E A PINTORA, Xabier Paz from Illa Bufarda on Vimeo.

Encántame este «Abecedario ilustrado», de Carles Cano. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum Abecedario ilustrado, de Carles Cano.   Abecedario ilustrado Non me preguntedes a causa, pero o certo é que teño especial debilidade polos Abecedarios.

Novidade: «Os aforismos do riso futurista», coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane. Unha achega colectiva ao xénero do aforismo

O libro Os aforismos do riso futurista, coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane, é unha novidade da colección LibrosX de Xerais. Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo.

Novidade: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. A ardencia e a coraxe guiarán unha vida de artista e muller libre na Europa do XVII

A novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet.

Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía con «A cadencia da fractura»

Onte á tarde, en Fornelos de Montes, fallouse o Premio Lueiro Rey de Poesía, que gañou o escritor Isaac Xubín coa obra A cadencia da fractura, que publicará Xerais na primavera. Xubín publicou recentemente en Xerais a novela Non hai outro camiño. Reproducimos a nota de prensa da organización do certame, coa composición do xurado, que tamén se pode descargar en pdf nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Crónica Córnica” de Francisco Coimbra

O xoves, 26 de xaneiro, 2017, ás 12:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus universitario As Lagoas, Marcosende, Vigo, terá lugar a presentación do libro Crónica Córnica de Francisco Coimbra, finalista do Premio Xerais de Novela, 2016. No acto, organizado en colaboración co Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, participarán Anxo Angueira, Xosé Henrique Costas, X. L.

Convocados os Premios Xerais 2017

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2017 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil. O Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo cuarta edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo segunda e o Jules Verne de literatura xuvenil, que conta coa colaboración de Ámbito Cultural-El Corte Inglés, á novena.