Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2017

Unha novela de aventuras da mellor saga: «Nemo. O rapaz sen nome», de Davide Morosinotto. Crítica en Trafegando ronseis

Unha novela de aventuras da mellor saga: «Nemo. O rapaz sen nome», de Davide Morosinotto. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre  a novela Nemo. O rapaz sen nome, unha novela xuvenil do escritor italiano Davide Morosinotto traducida por María Alonso Seisdedos.     Nemo. O rapaz sen nome Davide Morosinotto é o autor deste libro que a editorial Xerais nos trae na nosa lingua para un público mozo, un libro de aventuras titulado Nemo.

Xerais agradece ás persoas participantes e aos autoras e autores os recoñementos dos mellores libros do 2016 en Fervenzas Literarias

A web Fervenzas Literarias fixo públicos onte os resultados dos seus premios, decididos polas persoas que votaron nun proceso aberto ao público. Numerosos libros de Xerais figuran entre os recoñecementos dos e das internautas. Moitas grazas para as persoas que participaron, moitas grazas á web Fervenzas Literarias, moitas grazas aos lectores e lectoras e grazas moi especias para as autoras e autores.

A novela «A ira dos mansos», de Manuel Esteban, elixido mellor libro de narrativa de 2016 en Redelibros

A novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais 2016, acaba de ser elixida mellor libro de narrativa de 2016 en Redelibros a través dos votos dos e das participantes.   A novela comeza cando aparece o cadáver dunha nena con síndrome de down nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional.

Crítica de Inma Otero na revista Insula europea sobre «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas

A revista Insula europea publicou unha recensión de Inma Otero Varela sobre o libro de relatos  Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.     «Un animal chamado néboa», [Un animale chiamato nebbia] L’autrice di Vigo spicca nel campo della lettera infantile e per ragazzi visti i numeri delle vendite, i premi e le critiche favorevoli. Una delle sue ultime opere, Escarlatina.

Crítica de Inma Otero na revista Insula europea sobre «O cuarto das abellas», de Antía Otero

A revista Insula europea publicou unha recensión de Inma Otero Varela sobre o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero.     O cuarto das abellas [La stanza delle api] Dopo l’ultimo libro (Retro)visor pubblicato da Xerais nel 2010, Antía Otero ritorna con quest’opera alla scrittura poetica.

Marilar Aleixandre: «A Real Academia Galega ten que ter un papel fundamental na defensa da lingua»

A escritora Marilar Aleixandre ingresou esta fin de semana na Real Academia Galega. Reproducimos unha anotación de Manuel Bragado en Brétemas e unha entrevista que lle fixo Ana Romaní á autora no Diario Cultural da Radio Galega.     Marilar termando da paisaxe galega Foi moi emocionante para nós a cerimonia de ingreso de Marilar Aleixandre na Real Academia Galega.

Presentación en Santiago de “Crónica Córnica” de Francisco Coimbra

O luns, 23 de xaneiro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela Crónica Córnica de Francisco Coimbra, obra finalista do Premio Xerais de Novela, 2016. No acto participarán Fran Alonso e Francisco Coimbra.

Unha memoria que escoce: «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena. Crítica de Emilio Insua

Emilio Xosé Ínsua publicou no seu blog  unha recensión crítica sobre A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena, previamente publicada na revista Aulas Libres.     Galiza, Prensa, Transición: unha memoria que escoce Na colección Memoria das Edicións Xerais de Galicia editouse no ano que acaba de pasar esta monografía de Marcos Pérez Pena, chamada a ser un referente imprescindíbel na súa temática.

Boa novela histórica que proxecta intereses do noso tempo: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   «O espello do mundo». A Idade das Mulleres Hai moitas novelas históricas que se establecen en dous planos temporais. A máis famosa (e interesante a día de hoxe malia estar descatalogada) é Xa vai o griffon no vento (1986), de Alfredo Conde.

Programa radiofónico escolar no Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel sobre diversos libros de María Reimóndez

O blog do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco publicou unha información e un  programa radiofónico, realizado desde Radio Cuac por catro alumnas de 3º da ESO, baixo a responsabilidade da profesora Mercedes Queixas, sobre diversos  libros de María Reimóndez:  Usha, Volvo! O regreso de Usha e  A dúbida (a partir do minuto 20:18). O programa radiofónico pode escoitarse nesta ligazón.

O fogar como imposición e a verdade das mentiras: «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela de vivencia enriquecida: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Crítica de César Lorenzo

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre a novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.