Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2017

Presentación en Bueu de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vincenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto, organizado pola librería Miranda de Bueu,  participarán Míriam Ferradáns e Isaac Xubín.

Presentación en Santiago de “Terraza” de Fran Alonso

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, en Chan da Pólvora, Rúa de San Pedro, 74, Compostela, terá lugar a presentación do libro Terraza de Fran Alonso. No acto intervirán Rosalía Fernández Rial e o autor que realizará unha performance-recital poético.

Presentación de “A elegancia do século” de Pura Tejelo na Coruña

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, en Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A elegancia do século de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. No acto intervirán Xulio Valcárcel, Rosa G. Vilariño, Manuel Bragado e o autora que realizará un recital poético-musical acompañada da acordeonista Sabela Caamaño.

Versos necesarios: «Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo», de Xesús Alonso Montero. Artigo de Xosé María Dobarro

O Diario de Ferrol publicou un artigo de Xosé María Dobarro sobre o libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de  Xesús Alonso Montero. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un macrotexto que se prolonga en papel, dixital, Twiter e códigos QR: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou en El Correo Gallego unha recensión que tamén reproduce no seu blog sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso, que se presenta o próximo xoves 30 na libraría Chan da Pólvora en Santiago de Compostela (Rúa San Pedro) ás 20.00 horas.     Desde a terraza Ollar a vida desde a terraza.

Ritmo trepidante e sinxeleza narrativa: «Soño de infancia» de Moncho Rouco. Anotación en Brétemas

Ritmo trepidante e sinxeleza narrativa: «Soño de infancia» de Moncho Rouco. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Soño de infancia, de Moncho Rouco.   «Soño de infancia» de Moncho Rouco Presentamos onte na Casa do Libro de Vigo Soño de infancia a novela coa que debuta Moncho Rouco, escritor galego residente en Canarias dende hai tres décadas.

Moncho Rouco: «​A miña novela ‘Soño de infancia’ naceu para trasladar unhas vivencias e un tempo aos meus fillos»

Mundiario publicou unha entrevista con Moncho Rouco sobre a súa novela Soño de infancia, que se presenta hoxe en Vigo (20:00 horas na Casa do Libro).     Moncho Rouco: «​Soño de infancia nació para trasladar unas vivencias y un tiempo a mis hijos» Su novela está a medio camino entre el recuerdo pausado propio de los libros de memorias y el ritmo vibrante de los relatos de aventuras.

Paseo pola Coruña Literaria con Nacho Taibo seguindo o itinerario de «Os tres de nunca»

Dentro dos Paseos pola Coruña literaria que organiza a AELG, hai dous que corresponden a autores vencellados a Xerais: Nacho Taibo e  Francisco X. Fernández Naval. O escritor Nacho Taibo guiará as persoas asistentes polos espazos da súa novela Os tres de nunca, recentemente publicada por Xerais.

Un traballo exhaustivo: «O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte» de Irene e Rodrigo Pérez Pintos. Artigo de Manuel Rivas

O escritor Manuel Rivas publicou en El País Semanal un artigo centrado no libro O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Alberte Blanco: «Sempre sentín a a historia da batalla de Rande moi preto de min»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a  Alberte Blanco, autor da novela O Códice esmeralda. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Nacho Taibo: «Moitos dos capítulos da novela pódense ler coma se fosen contos»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista ao escritor Nacho Taibo sobre a novela Os tres de nunca. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Xerais publica un Catálogo de Lecturas Xuvenís

Xerais acaba de publicar un Catálogo de Lecturas Xuvenís que se está a distribuír por todas as bibliotecas, principais librarías e medios de comunicación. O catálogo está organizado temáticamente: aventura, ciencia ficción, fantasía, historia, medo, misterio, mocidade, policial, social, poesía, teatro e álbum. O catálogo tamén pode consultarse ou descargarse en pdf desde a web de Xerais.