Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2017

O escritor Xabier Quiroga recolleu onte o Premio Arcebispo Sanclemente

O escritor Xabier Quiroga recolleu onte o Premio Arcebispo Sanclemente na categoría en lingua galega, que concede un xurado, composto por alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago e doutros institutos galegos, británicos, alemáns, portugues, estadounidenses, e rusos. Na recollida estivo acompañado polos gañadores das outras categorías, a escritora Sara Mesa (lingua española) e o escritor Pierre Lemaitre (lingua estranxeira).

Con palabra precisa e documentada: «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936,, de Xosé Ramón Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novela poliédrica de lectura entretida e divertida: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole 2016

O Diario de Pontevedra publicou unha información asinada por R. L. sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Ourense de “Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo” de Xesús Alonso Montero

O luns, 27 de marzo, de 2017, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense, rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo. (Antoloxía: 1963-2016) de Xesús Alonso Montero. No acto participarán Manuel Peña Rei, Alfonso Vázquez Monxardín, Luís “Ferreiro”,  Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

A compañía Ghazafelhos representa “Rubicundo” en Vigo

O domingo, 26 de  marzo, 2017,  ás 18:00 horas,  no Auditorio Municipal, praza do Rei, 1, Vigo, terá lugar a representación de Rubicundo obra de teatro baseada no conto Rubicundo de María Canosa. A obra, dirixida e adaptada por Pepablo Patiño, está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos.

Unha divertida reinterpretación que revira con humor contos moi coñecidos: «Axente riciños», de El Hematocrítico. Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre o libro Axente riciños, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xurxo Mariño: «A ollada da ciencia sobre o mundo é un verniz importante para interpretar a vida»

O programa Con voz de sábado de Radiovoz emitiu unha entrevista de Martin Pawly ao neurocientífico Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, un libro no que conta, desde o punto de vista dun científico, a súa viaxe arredor do mundo durante un ano.

Alberte Blanco: «A dedicación á política non é compatible co exercicio dunha literatura pensada»

O xornal La Región publica unha entrevista de Xosé Luís Colmenero a Alberte Blanco, autor da novela O Códice esmeralda.

Vídeo de Xavier Queipo no proxecto Atlas Brussels da revista belga DWB

A revista belga DWB, que cumpre 160 anos, incluíu ao escritor galego Xavier Queipo no proxecto Atlas Brussel e gravou o vídeo que reproducimos a continuación. O texto en galego pode lerse nesta ligazón.

Novidade: «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco. Trepidante novela de intriga que viaxa á batalla de Rande

O Códice esmeralda, de Alberte Blanco, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo.

Unha triloxía de poética de formato hibridado: «Terraza», de Fran Alonso. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.     Presentación de «Terraza» de Fran Alonso na libraría Cartabón Resultou magnífica a presentación na libraría Cartabón de Terraza, o novo libro de poemas de Fran Alonso.

Distopía e ciencia ficción con tintes sociais: «4_xinetes», de Anxo Fariña. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela 4_xinetes, de Anxo Fariña.