Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2017

María Reimóndez, Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual

A escritora María Reimóndez foi galardoada onte coa prmeira edición do Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual que concova o Concello de Compostela cun ensaio titualdo «Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure». Na web do Concello de Santiago de Compostela pode lerse toda a información.

Presentación en Vigo de “4_XINETES” de Anxo Fariña

O xoves, 16 de marzo, 2017, ás 19:30 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, terá lugar a presentació do libro 4_XINETES de Anxo Fariña. No acto participarán Anaír Rodríguez e Anxo Fariña. No autor preparou unha sorpresa dulce de “La Artesa. Pastelería creativa” e uns agasallos para as persoas asistentes.

Novela engaiolante, con ritmo trepidante: «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Un autorretrato poético de Xesús Alonso Montero: «Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo»

Faro de vigo publica unha información sobre o libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de  Xesús Alonso Montero  que se presentou esta semana na Casa do Libro en Vigo. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Magnífica proposta literaria que convida a xogar, a observar, a crear, a soñar: «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso, ilustrado e deseñado polo propio autor.     «Poemas birollos para ler cos ollos», de Fran Alonso Edicións Xerais achégalles aos lectores infantís este suxestivo e atraente poemario da man de Fran Alonso.

Presentación en Pontevedra de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O martes, 14 de marzo, 2017, ás 20:00 horas, n’ A Casa das Campás, terá lugar a presentación da novela Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Xaime Toxo, Silvia García, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Presentación en Mondariz de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O venres, 10 de marzo, 2017, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal, rúa Meuroces, s/nº, de Mondariz, terá lugar a presentación da novela Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto participarán Isabel Blanco e Xabier Paz.

Francisco Coimbra: «O problema é o Estado-nación, que aniquila a diversidade cultural e lingüística impondo unha identidade idéntica»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Francisco Coimbra sobre a súa novela Crónica Córnica, finalista do Premio Xerais de  2016.     Francisco Coimbra: «O Estado-nación aniquila a diversidade cultural e lingüística» Crónica Córnica é a primeira novela de Francisco Coimbra (Madrid, 1986).

In memoriam da escritora e mestra Palmira González Boullosa

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o falecemento, o pasado 9 de febreiro, da mestra e escritora Palmira González Boullosa.   Palmira in memoriam Soubemos da noticia do falecemento de Palmira González Boullosa o pasado 9 de febreiro e da preparación dun acto de lembranza para o vindeiro mes de maio.

Marilar Aleixandre: «O compromiso impregna a vida e a literatura pero non son partidaria da moral nas historias»

Nós Televisión emitiu unha entrevista coa escritora Marilar Aleixandre.

Un magnífico libro para difundir a figura de Casares e a súa obra: «Carlos Casares. Vida e literatura», de Damián Villalaín. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre Carlos Casares. Vida e literatura, de Damián Villalaín, unha novidade da colección Merlín.   Carlos Casares.

«Terraza», de Fran Alonso; «Os tres de nunca», de Nacho Taibo e «Aníbal e a Pintora», de Xabier Paz, libros máis valorados na Tabela dos Libros de marzo

O libro de poemas Terraza, de Fran Alonso; a novela Os tres de nunca, de Nacho Taibo;  e a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz sitúanse respectivamente no primeiro, segundo e terceiro lugar dos libros máis recomendados no mes de marzo pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galeg