Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2017

Xesús Alonso Montero: «A miña primeira universidade literaria foron as cántigas populares na miña aldea»

La Voz de Galicia publica unha entrevista a Xesús Alonso Montero sobre o seu libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, que se presenta esta tarde ás 20,00 horas na Casa do Libro en Vigo. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Pura Tejelo: «A cidade sérveme como metáfora para contar a humanidade; os seus habitantes son un mosaico de vivencias»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias coa poeta Pura Tejelo, sobre o seu poemario A elegancia do século, Premio Johán Carballeira, 2016. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Azos de Agustín», por Manuel Bragado. Sobre Fernández Paz e a lectura

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o escritor Agustín Fernández Paz e un libro póstumo en torno ao que Xerais está a traballar.   Azos de Agustín Lendo nos textos do novo libro de ensaio de Agustín Fernandez Paz, que preparamos para fin da primavera, recupero azos e doses de entusiasmo para o noso traballo de edición.

«Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, e «As horas roubadas», de María Solar, recomendadas pola booktuber galega Corazón ao vento

A canle Corazón ao vento, dunha booktuber galega, recomenda dúas novelas publicadas por Xerais: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e As horas roubadas, de María Solar.

O potencial do autor para contar historias de misterio con asasinatos: «Segredos de Bretaña», de Carlos G. Reigosa. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Segredos de Bretaña, de Carlos G. Reigosa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xa non hai obreiros para as tortillas: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Inma Otero Varela

A web Novas do Eixo Atlántico publicou unha recensión crítica de Inma Otero Varela sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.   Xa non hai obreiros para as tortillas Moito presta ler a Fran Alonso en pantalla, pero tamén se agradece cheirar os seus versos no papel.

As rifas entre si de dous irmáns: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Crítica de Ramón Nicolás

As rifas entre si de dous irmáns: «Animalario cotián… entre irmáns», de María Lires. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o álbum ilustrado Animalario cotián… entre irmáns, escrito e iustrado por María Lires.

A novela «Crónica córnica» abre o debate sobre a recuperación das linguas. Entrevista a Francisco Coimbra en Nós Televisión

A canle Nós Televisión entrevistou ao escritor Francisco Coimbra sobre o tema da recuperación e a represión das linguas, tema da súa novela Crónica Córnica, finalista do Premio Xerais de  2016. Reproducimos a entrevista e a información da páxina web de Nós Televisión.