Publicado o 25 Abril, 2017 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
O escritor Pedro Feijoo foi entrevistado no programa Galicia por diante, da Radio Galega, sobre a súa próxima novela, Os fillos do lume, que Xerais publicará no mes de xuño.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 07:42.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2017 nas categorías Básicos Ciencia, Blogs, Ciencia, Críticas, viaxes
O blog O outro lado do espello publicou unha recensión crítica de A Raíña Vermella sobre o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.
Libros de ciencia e viaxes
“Pola mañá cedo chegamos ao punto onde o canal Beagle se divide en dous brazos, e seguimos polo do norte. Aquí a paisaxe vólvese incluso máis espléndida ca antes”.
Charles Darwin, A viaxe do Beagle, 1839.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2017 nas categorías Novidades, Xuvenil
Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke, é unha novidade de Xerais para esta primavera. Está traducido por María Seisdedos.
A nena levantou a man e colleu entre os dedos un fío de ouro, non tan fino coma o dunha araña, senón máis groso, coma de la fiada. Seguiuno cos dedos ata dar co corazón de Fox.—Xa sabía eu –o fío desapareceu en canto baixou a man–. É teu.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2017 nas categorías Críticas, Ensaio, Historia, LibroX
A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Paulo Vilar sobre o libro O país da brétema, unha viaxe pola cultura celta, de Suso de Toro.
A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2017 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
Do 29 de abril ao 7 de maio, na Alameda compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago. Neste evento, Xerais ten organizados os seguintes actos:
Día 2 de maio, martes
19:30 horas: Presentación de Once portas de Héctor Cajaraville.
20:30 horas: Presentación de Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón.
Día 3 de maio, mércores
19:30 horas: Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco.
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2017 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades
A cazadora de estrelas, de María Canosa é unha novidade da colección Merlín (de 9 anos en diante) e está ilustrado por Dani Padrón.
Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz.
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2017 nas categorías Entrevistas, Narrativa
La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas ao escritor Xabier Paz sobre a novela Aníbal e a Pintora.
A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2017 nas categorías Crónica, Entrevistas, Lingua
Praza Pública publicou unha entrevista de Miguel Pardo a a Carlos Callón sobre o libro Galegocalantes e galegofalantes. (Foto de Susete).
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2017 nas categorías Ciencia, Entrevistas, Extramuros, viaxes
O xornal dixital Vozpópuli publica unha entrevista de Antonio Martínez Ron ao neurocientífico galego Xurxo Mariño, sobre o seu libro Tierra, Ciencia, aventuras y sorpresas de un viaje alrededor del mundo.Ciencia, aventuras y sorpresas de un viaje alrededor del mundo. (Fotografía de Eli Couto).
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2017 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.
Jules Verne e a vida secreta dun Vigo ideal
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, editado por Xerais, gañou o Premio Lazarillo 2015.
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2017 nas categorías Críticas, Estudos literarios, Historia, Noticias, Premios
A obra Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, do profesor e investigador Xosé Ramón Pena, recibiu esta fin de semana o Premio Losada Diéguez de Ensaio e Investigación, organizado nesta edición polo Concello do Carballiño.
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2017 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O escritor Isaac Xubín foi galardoado esta fin de semana co Premio da Crítica española, na categoría de lingua galega, pola súa novela Non hai outro camiño, unha novela definida pola crítica con calificativos como «orixinal», «sorprendente», «intensa», «desacougante» ou «incisiva».
Ler máis →