Publicado o 4 Abril, 2017 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín
O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre a novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, ilustrada por Víctor Rivas.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Abril, 2017 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O Códice esmeralda, de Alberte Blanco.
«O Códice esmeralda», de Alberte Blanco, presentación en Verín
Abrimos onte en Verín, coa presentación d´O Códice esmeralda de Alberte Blanco, a tempada de feiras do libro.
Ler máis →
Publicado o 4 Abril, 2017 nas categorías Básicos Ciencia, Entrevistas, Radio, viaxes
O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou ao neurocientífico Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Abril, 2017 nas categorías Álbums, Cómic, Infantil, Listas de máis vendidos, Merlín
Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de febreiro e marzo a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas.
A categoría infantil continúa encabezada por Ledicia Costas, con Esmeraldina, a pequena defunta.
Ler máis →
Publicado o 4 Abril, 2017 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre a novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Abril, 2017 nas categorías Presentacións, Universitaria
O xoves, 6 de abril, 2017, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Marín, terá lugar a presentación do libro Bolxeviques. 1917-2017 de Teresa Moure (coord.).
No acto, organizado en colaboración con Através Editora, editorial que publicou o tomo Bolcheviques 1917-2017 coordinado tamén por Teresa Moure, participarán José Emílio Vicente e Teresa Moure.
Ler máis →
Publicado o 4 Abril, 2017 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 6 de abril, 2017, ás 19,30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz.
No acto acompañará ao autor Begoña Varela, libreira e promotora de varios clubs de lectura.
Ler máis →
Publicado o 3 Abril, 2017 nas categorías Básicos Ciencia, Entrevistas, Televisión, viaxes
A Revista Fin de Semana da TVG emitiu unha entrevista de María Solar a Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 3 Abril, 2017 nas categorías Poesía, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016.
«A elegancia do século», de Pura Tejelo
Moita xente, moita, acompañou onte a Pura Tejelo na presentación en Portas Ártabras do seu primeiro libro de poemas, A elegancia do século, premio Johán Carballeira 2016 do concello de Bueu.
Ler máis →
Publicado o 3 Abril, 2017 nas categorías Álbums, Blogs, Críticas, Infantil, Merliño
O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o álbum ilustrado Animalario cotián… entre irmáns, escrito e iustrado por María Li
Pfr…Pfrr… Poc-poc-poc
Os irmáns, irmáns e irmás, danzantes, pelexóns, incansables; ese amor miúdo que se dá, que só se dá entre irmáns e camiña polo gume do amor-odio, do quérote sen quererte, da complicidade extrema, da confidencia, do
Ler máis →
Publicado o 3 Abril, 2017 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobreo fallo do Premio Ánxel Fole de narrativa curta, que gañou a escritora Pilar Ortega coa novela Principio de incerteza.
«Principio de incerteza» de Pilar Ortega, premio Ánxel Fole
Despois de varios meses de lectura escollemos onte no concello de Lugo, entre 49 orixinais, a obra gañadora do Premio Ánxel Fole de narrativa curta.
Ler máis →
Publicado o 3 Abril, 2017 nas categorías Poesía, Presentacións, Recital poético, Vídeos
A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación de Terraza, de Fran Alonso en Vigo.
Ler máis →