Publicado o 4 Setembro, 2017 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do lume.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Setembro, 2017 nas categorías Blogs, Críticas, Poesía
O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso.
Words in Books: «Terraza»
Señores e señoras, mozos/as e anciá(n)s, lectores/as e non lectores/as:
Vaise achegando o remate do verán. E que, ho? Non é motivo de tristura, pois achégase o bendito outono e a súa cálida decrepitude.
Ler máis →
Publicado o 4 Setembro, 2017 nas categorías Ensaio, Estudos literarios, Monografías, Poesía
O xornal El Progreso publicou unha información sobre Rosalía de Castro e o poder sexual, o novo libro de María Xosé Queizán que chegará ás librarías a partir do 7 de setembro.
A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2017 nas categorías Opinións_lectores/as, Poesía
O xornal Infolibre publicou unha información de Raquel Maluenda sobre a recomendación que fai Martiño Noriega, alcalde de Santiago sobre o libro de poemas ruído de fondo, de Daniel Salgado. (Foto: Infolibre / E. P.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2017 nas categorías Blogs, Críticas, Poesía
O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas Beixos de lingua, de Paco Barreiro.
Paco Barreiro, Beixos de lingua
A musicalidade da lingua galega é un dos aspectos que a fan tan interesante para ser un para a lírica. Neste libro, Paco Barreiro experimenta cos límites da lingua con especial incidencia no plano fonolóxico e morfolóxico.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.
Unha novela que engancha
Palabras máxicas as que titulan esta crítica. Dicir que un libro “engancha” é convidar directamente á súa lectura. E nós non quixemos agardar máis para facelo, porque quizá é o mellor resumo que dela se pode facer.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2017 nas categorías Autores, Traducións
Galicia Confidencial publicou unha reportaxe sobre o Catálogo da Tradución Galega, que funciona desde 2004 impulsado polo grupo Bitraga. Agustín Fernández Paz (con 116 traducións en 16 linguas), Manuel Rivas (89 traducións en 25 linguas) e Rosalía de Castro (33 traducións a 16 linguas).
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2017 nas categorías Crónica, Presentacións
O martes 5 de setembro, 2017, ás 20,00 horas na libraría Andel, Avda Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía de Xosé Luís Axeitos.
No acto acompañarán ao autor X. L. Méndez Ferrín, Xosé Ramón Pena e Manuel Bragado.
Ler máis →