Publicado o 19 Decembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa
A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión crítica sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. (Foto de José Manuel Casal / La Voz de Galicia).
Decembro de libros: «A nena do abrigo de astracán»
Que Xabier P. Docampo é un narrador de raza é algo que non pode ser sorpresa, nesta altura, para ninguén.
Ler máis →
Publicado o 19 Decembro, 2017 nas categorías Críticas, Poesía
O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 19 Decembro, 2017 nas categorías Sinatura, Sopa de Libros
O venres 22 de decembro, a partir das 17:30 horas, na librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, Vigo, a escritora Ledicia Costas e os ilustradores Víctor Rivas e Andrés Meixide, farán unha sinatura ilustrada nos libros Os arquivos secretos de Escarlatina e A señorita Bubble.
Ler máis →
Publicado o 19 Decembro, 2017 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves 21 de decembro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016. No acto participarán Paula Gómez del Valle, David Cortizo e Eli Ríos.
Ler máis →
Publicado o 18 Decembro, 2017 nas categorías Críticas, Monografías
A revista Trabajos de prehistoria, do CSIC, publicou unha recensión crítica de Dr. Raimon Graells i Fabregat sobre o Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, de Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas Domínguez e Anxo Rodríguez Paz.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 18 Decembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa
A revista Aí publicou unha recensión crítica de Nicolá Vidal sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 18 Decembro, 2017 nas categorías Música, Poesía, Videopoemas, Vídeos
O poeta e contacontos Lois Pérez deu a coñecer un videopoema a partir do texto de «A miña terra, a nosa terra», do seu libro Long Play, co música do «Sweet Home Alabama» empregada por Siniestro Total para «Miña Terra Galega».
Ler máis →
Publicado o 18 Decembro, 2017 nas categorías Álbums, Blogs, Críticas, Infantil
O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai.
Ler máis →
Publicado o 18 Decembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa, Radio
O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre a novela Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, Finalista do Premio Xerais de Novela 2016.
A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Decembro, 2017 nas categorías Blogs, Centros de ensino, Fóra de Xogo, Opinións_lectores/as, Xuvenil
O blog da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo publicou diversas opinións do alumnado sobre libros publicados por Xerais.
Ler máis →
Publicado o 15 Decembro, 2017 nas categorías Álbums, Clubs_de_lectura, Cómic, Vídeos
O cómic Astérix en Italia, de René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, centrará o sábado 16 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura. Reproducimos tamén o vídeo elaborado por Espazo Lectura para esa sesión.
Ler máis →
Publicado o 15 Decembro, 2017 nas categorías Clubs_de_lectura, Feminismo, Narrativa
O Club de Lectura LGTB Queeruña realiza a súa sesión do mes de decembro en torno á novela Ten o seu punto a fresca rosa, de María Xosé Queizán
Unha novela fresquísima para decembro
Como imos, queeruñxs? Seguro que moitxs case rematando a nosa vindeira lectura, Ten o seu punto a fresca rosa.
Ler máis →