Publicado o 15 Decembro, 2017 nas categorías Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Xuvenil
Un encontro coa escritora de Eva Mejuto, en torno ao seu libro 22 segundos, centra a sesión de mañá sábado 16 de decembro do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).
Ler máis →
Publicado o 15 Decembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. (Foto de José Manuel Casal / La Voz de Galicia)
¿Queres conquistar unha illa misteriosa?
A obra «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. Docampo, retrata a vida cotiá dunha vila galega de posguerra.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Blogs, Narrativa
O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre o libro de relatos Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza, que leva vendidas 23 edicións.
Letters in Books: Erros e Tánatos
Unha nova recomendación de Nacho Rodiño lévame de volta ao fantástico mundo de Gonzalo Navaza.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Poesía
O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Alicia Pardo ao escritor Xabier P. DoCampo, que fala sobre a súa nova novela, A nena do abrigo de astracán. (Foto: Víctor Echave)
«A proba de que a posguerra non está esquecida é que non somos capaces de enfrontarnos a ela»
«Tratamos de que as vítimas permanezan nas cunetas.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Entrevistas, Premios
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor X. L. Méndez Ferrín pola concesión do Premio Voz de Liberdade que concede o Centro-Pen Galicia.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Cómic, Entrevistas, Infantil
O Diario de Pontevedra publicou unha reportaxe de Belén López a Adrián Morgade, autor de XINFU na maldición guauchuky, publicado na colección Merlín Cómic..
A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Artigos literarios, Poesía
O xornal El Progreso publicou un artigo de opinión de Jaureguizar no que fala sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez.
A parte do artigo referida ao libro pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Poesía, Presentacións
O mércores 20 de decembro de 2017, ás 20,00 horas, na Casa das Crechas, Vía Sacra, 3 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez.
No acto participarán Uxía, Fran Alonso e Lois Pérez e recitarán tamén os Long Players: Xiana Arias, O Leo Arremecághona e Marcos Lorenzo.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Narrativa, Premios_Xerais, Presentacións
O mércores 20 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, Rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela A arte de trobar de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017
No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Kiko da Silva, Xaime Toxo, Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2017 nas categorías Narrativa, Presentacións
O martes 19 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación da novela As cousas que non queremos oír de María Reimóndez.
No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e a autora.
Ler máis →
Publicado o 13 Decembro, 2017 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O escritor Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) resultou vencedor este luns do Premio Lueiro Rey de Novela Curta que concede o Concello do Grove coa novela Non o saben as estrelas, unha obra que, a xuízo do xurado, destaca pola súa «orixinalidade do seu traballo, polo seu carácter innovador e a súa capacidade para envolver o lector na historia que narra, así como pola redacción e a súa trama».
Ler máis →
Publicado o 13 Decembro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →