Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2018

Manuel Rivas: «O importante das historias non é a mercaduría, é o que pasa coa xente» Entrevista no «ZigZag» sobre o libro: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste»

O programa ZigZag da Televisión de Galicia emitiu unha entrevista co escritor Manuel Rivas sobre a súa novela: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un relato de sexo, política, fama e morte. «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Artigo de Santiago Jaureguizar

Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Vivir a galope, do que é autora María Xosé Queizán. A obra está editada por Xerais na colección Edición Literaria / Crónica / Memorias. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha reflexión sobre morte e vida dun home duro en apariencia, máis dunha sorprendente tenrura: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A mirada en contrapicado dun paseante que observa a cidade de abaixo hacia arriba. «Arquitecturas debuxadas. Compostela». Artigo de Xesús Fraga en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou un artigo de Xesús Fraga sobre o libro: Arquitecturas debuxadas. Compostela, de Santiago Catalán. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O martes 4 de decembro de 2018 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Fran Alonso.

As novas aventuras duns galos que se negaban a ser dominados polo Imperio Romano: «Astérix e Cleopatra» e «Astérix. O combate dos xefes». Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou una recensión asinada por Carmen Ferreira sobre os cómics: Astérix e Cleopatra e Astérix. O combate dos xefes , de René Goscinny, con ilustracións de Albert Uderzo. Os libros están traducidos ao galego por Xavier Senín e María Isabel Soto. Publícaos Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Diana Fernández: «Este é un libro que vale para calquera persoa que lle interese a cociña». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Cociñando con Bolboretas no bandullo».

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Diana Fernández e David Díaz, autores do libro: Cociñando con Bolboretas no bandullo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

A historia escrita dos Heredeiros da Crus. «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba», de Antonio Díaz Ageitos.

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de V. Neira sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba, do que é autor o escritor Antonio Díaz Ageitos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xerais no Culturgal 2018

Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2018 para o que Xerais preparou o seguinte programa: Venres 30 de novembro ESPAZO FORO: 19:30-20:00 Pepe Barro fala de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza. Presenta Fran Alonso. Ao remate, sinatura no stand de Xerais. ESPAZO LIBRO: 20:00-20:30 Presentación “Libros do Ciclo dos elementos” de María Reimóndez.

Un libro completamente actual sobre a maternidade nos tempos de hoxe. «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Comentario de Estíbaliz Espinosa no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha colaboración literaria de Estíbaliz Espinosa para falar sobre o libro Maternidade fóra de catálogo, do que é autora Marga Tojo. A reportaxe pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 16:31″.

A mirada diferente do camiñante. «Arquitecturas debuxadas. Compostela», de Santiago Catalán. Artigo de Santiago Jaureguizar

  Santiago Jaureguizar publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Arquitecturas debuxadas. Compostela, do que é autor Santiago Catalán. A obra está editada por Xerais na colección Grandes Obras / Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Demostrar dende o exemplo que o noso mundo ha de ser un calidoscopio de diversidade. «Kusuma», de Héctor Cajaraville. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Kusuma, do que é autor Héctor Cajaraville, ilustrado por María Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.