Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2018

Un libro de interese para quen descoñeza a traxectoria vital de Francisco Fernández del Riego: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Camiño Noia sobre o libro: Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Conversas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: Conversas Tempos Novos 1 / Conversas Tempos Novos 2.

Un cursiño ameno encol das simbolizacións de Galicia e da súa cultura: «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza», de Pepe Barro. Anotación na revista Luzes

A revista Luzes publicou unha anotación de David Rodríguez sobre o libro: Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, de Pepe Barro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio.   ‘Máis que ver.

O perspicaz documentalista dun mundo mestizo: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Miguel Vázquez Freire sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan, de Antón Reixa. O libro está publicado por Xerais na colección Alternativas / Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: Michigan Tempos Novos 1 / Michigan Tempos Novos 2 / Michigan Tempos Novos 3.

Antonio Tizón: «Con estas novelas quedei espido por completo». Clube de lectura en Radiofusión sobre os libros: «A antesala luminosa» e «Un home estraño»

Radiofusión emitiu unha nova edición do programa Club de Lectura para falar co escritor coruñés Antonio Tizón sobre os libros: A antesala luminosa e Un home estraño, publicados por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela moi ben escrita que pode lerse con agrado por calquera lector: «O mar que nos leva», de Moncha Fuentes. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un libro para achegarse á poesía a través dun camiño tan amable como é o da banda deseñada: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Anotación no Faro de Vigo

O sábado, día 15 de decembro de 2018, presentouse na Librería Banda Deseñada de Vigo o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. No acto participaron Yolanda Castaño e os ilustradores Kiko da Silva, Norberto Fernández, Fran Jaraba, Miguel Porto, Tokio e María Vilar. A presentación foi recollida polo xornal Faro de Vigo, nunha información asinada por A. Mariño.

David Díaz: «No libro ofrecemos receitas sinxelas para facer en familia». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre: «Cociñando con Bolboretas no bandullo»

O xornal La Voz de Galicia publicou nas súas edicións: La Voz de A Mariña e La Voz de Lemos unha entrevista de Yolanda García con Diana Fernández e David Díaz, autores do libro: Cociñando con Bolboretas no bandullo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Sabedoría, claridade e paixón para debullar algúns dos fitos visuais da nosa cultura. «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza», de Pepe Barro. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, de Pepe Barro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha proposta moi entretida para o público infantil e interesante respecto aos valores que presenta: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros.

Unha escrita concentrada e intensa coma un oráculo, un retrinco ou un poema. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Dolores Martínez Torres sobre o libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela de grande ambición que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida formidable: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville   ‘Nova Nursia’, máis didáctica ca literatura   Nova Nursia, de Héctor Cajaraville (Xerais, 2018) é unha novela, en principio, de grande ambición na que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida que o propio Cajaraville nos agradecementos (seguindo a J. A.

Unha obra que a miúdo sorprende, proe e desmitifica: «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Anotación en Letra en Obras

O blog Letra en Obras publicou unha anotación sobre o libro: Vivir a galope, de María Xosé Queizán.   Vivir a galope, de María Xosé Queizán Un vento repentino abaneou o bosque literario galego e fixo caer unha boa chea de follas.