Publicado o 28 Febreiro, 2019 nas categorías Poesía, Presentacións
O xoves 7 de marzo de 2019 ás 19:00 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias.
No acto intervirán Marica Campo e Cesáreo Sánchez Iglesias.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2019 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Radio, Xuvenil
Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05.20″.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2019 nas categorías Críticas, Ensaio
O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: Dentro da literatura, de Suso de Toro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.
Pioneiras 2.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2019 nas categorías Entrevistas, Estudos literarios
O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao filólogo e escritor Xulio Carballo sobre o libro: Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979) . O libro está publicado por Xerais na colección Estudos Literarios.
A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Memorias
O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Pilar Sampredro sobre o libro Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias.
Vivir a galope: Un relato que recolle os ecos de Galicia desde a posguerra ao momento actual
As memorias máis esperadas dos últimos anos. A autobiografía dunha muller que representa unha época, unha maneira de pensar e actuar.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela: Tres pintores, de Cid Cabido. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e está editado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2019 nas categorías Álbums, Presentacións
O sábado 2 de marzo, ás 12:00 horas na tenda Wooktown, avenida Camelias, 20 e ás 18:00 horas no Sinatra, rúa Fermín Penzol, 6, terán lugar as festas de entroido con motivo da presentación do libro É tempo de Entroido de Ramón D. Veiga con ilustracións de David Sierra.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2019 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co profesor e tradutor Xoán Manuel Garrido Vilariño sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
A entrevista pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Poesía
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Rosalía feminista, de Rosalía de Castro e Helena González. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía.
Rosalía feminista, de Rosalía de Castro e Helena González
Achégase o día 24, isto é, o Día de Rosalía.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2019 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Marcos Viso. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 25 Febreiro, 2019 nas categorías Entrevistas, Narrativa
A revista Tempos Novos publicou unha entrevista de María Lado coa escritora Iolanda Zúñiga sobre o libro: Noites de safari. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →