Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2019

Eva Mejuto: «Paréceme moi importante que a rapazada de hoxe en día teña referentes positivos da nosa historia». Entrevista no «ZigZag Diario» sobre: «Memoria do silencio»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Eva Mejuto sobre o libro: Memoria do silencio. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 04:37″.

Unhas divertidas aventuras raposeiras protagonizadas por un destemido aviador: «O raposo aviador que voa sen motor», de Antonio Reigosa. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa Xa botabamos de menos a Antonio Reigosa e o seu sentido do humor e amor polos raposos, listos e argalleiros.

A carreira de fondo dunha intrépida amazona: «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Anotación na revista «Tempos Novos»

A revista Tempos Novos publicou unha anotación de Marga do Val sobre o libro Vivir a galope, de María Xosé Queizán. O libro está publicado por Xerais na colección Memorias. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A historia dun país ao que lle sobran azos para arrepoñerse nun par de batallas: «Unha nación no mundo», de Camilo Nogueira. Anotación de Diego Ameixeiras no suplemento Fugas

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación de Diego Ameixeiras sobre o libro: Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), de Camilo Nogueira. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Diana Fernández e David Díaz: «Somos inmensamente felices cociñando mais tamén degustando todo aquelo que preparamos». Entrevista no blog «Palabra de Gatsby»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Diana Fernández e David Díaz, autores do libro Cociñando con bolboretas no bandullo. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Unha novela que se vale do misterio para pasear ao lector por determinados ambientes do noso tempo: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Anotación de César Lorenzo Gil en «Biosbardia»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘A crueldade de abril’, unha novela negrísima e lírica   Unha moza e un mendigo morren durante o incendio dun local abandonado. Ela, unha poeta antisocial, convértese, logo de morta, nunha autora de culto.

Mulleres que romperon barreiras de xénero noutros tempos. «Pioneiras» e «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Noticia no Telexornal Galicia de RTVE

O Telexornal – Galicia, de RTVE, emitiu unha entrevista con Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro Pioneiras 2. A noticia pode verse nesta ligazón.

Bases do VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente

Difundimos as bases do VI Premio de poesía Gonzalo López Abente, que publica Xerais. O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o próximo día 24 de maio de 2019. As bases poden lerse ou descargarse en formato pdf. nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «Con estes libros queriamos evidenciar que na historia de Galicia tamén houbo mulleres importantes». Entrevista no «ZigZag Fin de semana» sobre: «Pioneiras» e «Pioneiras 2»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG, que presenta María Solar, emitiu unha entrevista con Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Noelia Gómez: «Detrás deste poemario hai dous anos de fermentación case inconsciente e dous anos de creación e traballo». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Noelia Gómez sobre o libro: O xiro. (Imaxe: Carlos Rei – Praza Pública).

Beatriz Maceda: «Este libro saliume do corazón» Entrevista na cadena Ser sobre: «Lúa en ningures»

O programa Hoy por Hoy A Coruña, da cadena Ser, emitiu unha entrevista coa escritora Beatriz Maceda sobre o libro: Lúa en ningures, ilustrado por Laura Veleiro. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Estro Montaña: «O libro amosa como certas actividades delitivas colonizan a vida da sociedade e como as persoas que se rebelan sofren a violencia» Entrevista no «Faro da Cultura»

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor  Estro Montaña sobre o libro: Un conto siciliano e outras historias. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.