Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2019

Unha novela que fala do amor dende o humor: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha obra literaria que nos interpela na contemporaneidade: «Antón e os inocentes», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Anotación nos xornais «El Progreso» e «Diario de Pontevedra»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha anotación sobre o libro: Antón e os inocentes, de Xosé Luís Méndez Ferrín. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación no Grove de ” A nena, o monstro e o mar” de Teresa González Costa

O venres 12 de xullo de 2019, ás 20:30 horas, na Sala das Cunhas, Praza do Corvo, 1, O Grove, terá lugar a presentación do libro A nena, o monstro e o mar  de Teresa González Costa. No acto, organizado coa colaboración do concello do Grove,  participarán Teresa González Costa e Fran Alonso.

Un manual para debuxar cómic explicado en formato cómic: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.   «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva Aprende banda deseñada con Fiz é xusto o que indica o seu título: un manual para debuxar cómic explicado en formato cómic.

Unha novela para non durmir: «Infamia», de Ledicia Costas. Anotación de Montse Pena Presas

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O libro para sabelo todo do tempo: «Os tempos e o clima de Galicia». Reportaxe en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Andrea Presedo sobre o libro: Os tempos e o clima de Galicia, de Alberto Martí, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Para exercitar a mente no verán: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro e «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Reportaxe en «La Voz de la Escuela»

O suplemento La Voz de la Escuela, do xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe de Juan José Lage e Olalla Sánchez sobre algunhas suxestións de lectura para o verán, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás; e Aplicación instantánea, de Carlos Negro. A reportaxe pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que nos asoma á obra de verdadeiros clásicos da nosa literatura: «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Ramón Nicolás

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación do escritor e crítico literario Ramón Nicolás sobre o libro Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xabier Paz: «Unha vez que te asomas ao mundo de Galileo sentes vertixe, pero xa non podes deixar de mirar». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Galileo no espello da noite»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela que se achega ao lado máis escuro da condición humana: «Infamia», de Ledicia Costas. Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo 2019

Do 11 ao 14 de xullo de 2019 terá lugar unha nova edición da Praza dos Libros de Carballo na que está programado un amplo programa no que participarán autoras e autores do catálogo de Xerais: Xoves 11, ás 21:00 horas: Presentación do libro As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey. Presenta Manuel Rey Pan.

Unha lectura fantasiosa e divertida coa que entreter a un neno toda unha tarde: « Quokka Moka», de María Solar. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.