Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2019

Un valente poemario sobre as feridas que o tempo deixa en todos nós: «Sandalias verdes», de Pilar G. Rego. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Sandalias verdes, de Pilar García Rego. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «O Premio Kelvin faime moita ilusión e dedícollo aos meus lectores» Entrevista en Radio Vigo con motivo da concesión do Premio Kelvin ao libro: «A balada dos unicornios»

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas para falar sobre o libro: A balada dos unicornios, publicado por Xerais na colección Camaleón e que resultou gañador do Premio Kelvin 505 do Festival Celsius 232 á mellor novela xuvenil orixinal, 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un monllo de historias que convidan á reflexión e á aprendizaxe: «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.   Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás Supérase, se isto é posible, Xosé Tomás nesta nova entrega que os seus devotos agardabamos desde aquel Animalia 1. Verde que publicara o ano pasado.

Cecilia F. Santomé: «Con este libro quería transmitir que a realidade non é única, que todo depende de quen a esté a analizar» Entrevista na revista cultural «Inorantes» sobre «Quérote. Eu tampouco»

  A revista cultural de Galicia Inorantes publicou unha entrevista de Ana González Liste á escritora Cecilia F. Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, publicado por Xerais na colección Narrativa (Imaxe: Inorantes).   CECILIA F. SANTOMÉ: “Penso moito en min mesma como receptora dos meus textos.

Unha obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida na defensa dos ideais republicanos: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936». Anotación nos xornais «El Progreso» e «Diario de Pontevedra»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha anotación sobre o libro: O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xerais recupera: «Antón e os inocentes», de Méndez Ferrín, en edición do poeta e filólogo Antón Blanco. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre o libro: Antón e os inocentes, de Xosé Luís Méndez Ferrín. O libro está publicado por Xerais na colección: Xerais Clásicos.   Xerais recupera «Antón e os inocentes», novela que Ferrín escribiu na cadea Méndez Ferrín escribiu Antón e os inocentes, a súa terceira novela, “no lugar sórdido no que ‘toda incomodidad tiene su asiento”.

Ramón Vilar Landeira: «Sen soños é imposible vivir». Entrevista no Diario Cultural sobre: «Un peixe no parqué»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Ramón Vilar Landeira sobre o libro: Un peixe no parqué. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Helena González : «Interesábame achegar a Rosalía aos lectores e lectoras do noso tempo dende unha lectura feminista» Entrevista no «Praza Pública» sobre «Rosalía feminista»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Helena González sobre o libro: Rosalía feminista. O libro está publicado por Xerais na colección: Poesía. (Imaxe: Ramón Moretó – Praza Pública).

Un libro que cheira a historia e sabe a lenda: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación sobre o libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección: Cómics. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha nova maneira de ollar o proceso evolutivo das nosas letras: «Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena. Anotación de Xosé Luís Méndez Ferrín

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre o libro Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Son unha autora implicada na sociedade na que vivo». Entrevista no «Sermos Galiza» sobre « Infamia»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado a Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Manuel G. Vicente – Sermos Galiza).   LEDICIA COSTAS: “Creo que a literatura ten que axudar a comprender a sociedade na que vivimos” Merlo é unha pequena vila ao pé dunha cidade marítima.

Presentación en Vigo de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro

O martes 9 de xullo de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias 12,Vigo, terá lugar a presentación de de En las orillas del Sar de Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto participarán X. L. Méndez Ferrín, Anxo Angueira e Fran Alonso.